UNICEF envía auga potable a Trípoli para responder á crecente crise

UNICEF está a mobilizar uns cinco millóns de litros de auga para responder á crecente crise de Libia pola falta de auga.

Un total de23.000 litros de auga embotellada xa foron entregados a hospitais de Trípoli e espérase que cheguen outras 90.000 botellas de auga nas próximas horas. "UNICEF está a responder ás necesidades inmediatas en Trípoli, pero seguimos extremadamente preocupados pola situación que podería provocar un corte de auga nos próximos días. Isto pode producir unha epidemia sanitaria sen precedentes", advertiu Christian Balslev-Olesen, responsable da oficina de UNICEF en Libia. Un equipo técnico de UNICEF traballa xunto ás autoridades libias para valorar o estado dos pozos de auga, revisar as opcións de resposta e identificar fontes alternativas de auga. "A situación actual representa o peor escenario posible, e é crítico que se continúe con rapidez a subministración de auga", valorou Bolaslev-Olasen. Dende o comezo do conflito, os cortes de subministración eléctrica e de petróleo puxeron en perigo o traballo da Autoridade do Gran Río Artificial, o principal distribuidor de auga potable en Libia, que podería chegar a encontrarse sen capacidade para cubrir as necesidades do país en materia de auga.

Acción de UNICEF

UNICEF actuou dende o primeiro momento na crise, establecéndose nas fronteiras libias con Túnez e Exipto, enviando subministracións para prestar asistencia aos miles de persoas que fuxiron de Libia, ydespregando un equipo de 12 expertos en emerxencias.UNICEF conta actualmente conequipos de traballoen Bengasi (Libia) e Zarzis (preto da fronteira entre Túnez e Libia) co obxectivo degarantir as necesidadesdas mulleres e osnenos en Libiae os campamentos fronteirizos.