UNICEF e David Beckham presentan '7', un novo fondo para os nenos en perigo en todo o mundo

O ídolo mundial David Beckham conmemora os seus 10 anos como Embaixador de Boa Vontade de UNICEF cunha nova campaña para poñer os nenos primeiro.

7: O Fondo David Beckham UNICEF é unha iniciativa innovadora para protexer contra o perigo millóns de nenos en todo o mundo. "7" é o compromiso persoal de Beckham durante a próxima década para axudar aos nenos máis vulnerables.

A través de '7', Beckham
 vai usar a súa grande influencia en todo o mundo, así como as súas relacións, para conseguir fondos e animar os líderes mundiais a lograr un cambio positivo e duradeiro para os nenos.
 

David Beckham cumple 10 anos como Embaixador de Boa Vontade de UNICEF

"Fun Embaixador de Boa Vontade durante 10 anos e séntome moi honrado de formar parte do labor incrible que UNICEF realiza en favor dos nenos", explica David.

"Hoxe en día, a necesidade de axudar aos nenos nunca foi maior e dende que me retirei teño máis tempo e quero facer moito máis. Por iso estou a establecer este novo fondo con UNICEF. '7' representa o meu compromiso continuo de axudar aos nenos que máis o necesitan en todo o mundo. Estou a intensificar o meu apoio porque podo, porque quero e porque o resultado axudará a cambiar as vidas de millóns de nenos. Todo o que fixen, a miña carreira futbolística, a miña familia, levoume a este punto: é o momento de facer todo o que poida para axudar aos nenos en todos os cantos do mundo. Isto é algo do que quero que os meus propios fillos se sintan orgullosos", engade o futbolista.

"Nos próximos anos vou traballar con UNICEF para recadar millóns e falar en favor dos nenos de todo o mundo. Estou a planear numerosas iniciativas de recadación de fondos e tamén espero viaxar moito máis para reunirme cos nenos, o persoal de UNICEF e os líderes mundiais co fin de axudar a crear conciencia e aumentar o ritmo do cambio. Hai algúns plans moi emocionantes por diante e estou moi orgulloso de formar parte de todo isto".

O lanzamento de "7", chamado así en honor do ao número da sorte de Beckham nas súas famosas camisetas de Inglaterra e o Manchester United FC, prodúcese despois
dun dos anos máis desvastadores da historia para os nenos.
 

Máis de 15 millóns de nenos expostos a violencia extrema

Máis de 15 millóns de nenos estiveron expostos á violencia extrema nos principais conflitos de 2014, mentres que millóns máis se viron afectados polos desastres naturais, e miles quedaron orfos e sen escolas como consecuencia da desvastadora epidemia do ébola. Máis alá das situacións de emerxencia, os nenos tamén correron outros graves riscos, xa que 168 millóns de nenos e nenas en todo o mundo son vítimas do traballo infantil e moitos outros da violencia sexual, a trata e a mutilación xenital feminina.

"7" ten como obxectivo aproveitar o potencial e a esperanza que suscita 2015, un ano en que os líderes internacionais acordarán novas metas globais que cambiarán as vidas dos nenos nos anos vindeiros. A través de '7', David Beckham recadará fondos vitais e promoverá o cambio para asegurar que UNICEF e os seus asociados poidan obter resultados para os nenos -xa sexa en educación, auga e saneamento, atención da saúde ou protección social- e chegar aos nenos que máis o necesitan.
 
Dende UNICEF establecemos lugares clave en 7 rexións do mundo cuxos programas necesitan con urxencia fondos para axudar a salvar e cambiar a vida dos nenos nos próximos tres anos. Todos son lugares onde os nenos viven en perigo neste momento -a causa da violencia, o abuso ou a enfermidade- lugares onde, ata a data, a falta de financiamento significou que os nenos sigan sendo vulnerables.


Mediante o financiamento destes programas nos próximos tres anos, '7' podería axudar a UNICEF a:

  • Proporcionar servizos de protección da infancia e apoio en materia de orientación aos nenos de El Salvador, o país coa taxa de homicidios infantís máis alta do mundo.
  • Proporcionar bombas de auga e capacitar ás comunidades sobre o seu mantemento en Burkina Faso, onde na actualidade 1 de cada 5 mortes infantís están causadas pola diarrea.
  • Apoiar as nais que aleitan os seus fillos para que lles dean o un mellor comezo na vida en Papua Nueva Guinea, onde a desnutrición infantil causou atraso no crecemento a case a metade de todos os nenos menores de cinco anos.
Hoxe, durante a presentación de '7', Beckham tamén pediu o público e as súas fans que se unan con el na adopción de medidas a prol dos nenos. Pediu ao público que, ao engadir o seu nome a esta campaña internacional, avale o seu chamamento aos líderes mundiais para poñer os nenos primeiro e axudar a rematar coa violencia, as mortes previbles e a pobreza de todos os nenos mentres negocian un novo plan de traballo para o desenvolvemento mundial.