UNICEF desprega a súa maior operación de subministración de emerxencia nun só mes

 Este mes de agosto UNICEF enviou 1.000 toneladas métricas de subministracións para salvar as vidas dos nenos atrapados nas crises máis urxentes do  mundo -a operación de subministracións de emerxencia de maior envergadura na historia da organización nun só mes.

A cantidade distribuída enchería 19 avións jumbo de carga.  

"O despregamento masivo de UNICEF responde a unha necesidade masiva en moitos países diferentes ao mesmo tempo", dixo Shanelle Hall, directora de Operacións de Abastecemento e Loxística de UNICEF.  "Agora é vital manter corredores humanitarios abertos para que estas subministracións sigan chegando aos nenos que os necesitan desesperadamente."

Axuda sen precedentes para nenos nun número de crises sen precedentes

En previsión da necesidade de aumentar a resposta ao conflito en Iraq e o brote de ébola en África Occidental, UNICEF asegurou a maior cantidade posible de voos chárter. En 27 días, o centro de subministracións da organización en Copenhague enviou 33 cargamentos de emerxencia ás rexións máis conflitivas do mundo:

  • A República Centroafricana recibiu 26 toneladas de subministracións con equipos médicos, vacúas, racións de alimentos de emerxencia e materiais para cavar pozos de auga. Entre os medicamentos esenciais, as subministracións contra o paludismo foron cruciais para a protección dos nenos contra a causa de mortalidade máis importante do país.  
  • As familias e os nenos desprazados no noroeste de Iraq recibiron 500 toneladas métricas de axuda que incluían racións de alimentos de emerxencia, auga, subministracións médicas, tendas de campaña e alimento terapéutico listo para usar. O envío de UNICEF de 4 millóns de doses da vacina contra a polio protexerá a saúde dos nenos como consecuencia da reaparición da enfermidade debido á ruptura dos sistemas de saúde na veciña Sirya.
  • O esforzo de Liberia para conter o brote de ébola reforzouse con 248 toneladas de subministracións de UNICEF, como luvas de látex, lentes de seguridade e petos para protexer aos traballadores de saúde, desinfectante a base de cloro concentrado e unha gama de medicamentos esenciais. UNICEF tamén está a axudar ao goberno a avaliar a capacidade da cadea de subministracións do país, que está ao límite debido á crise.
  • O Estado de Palestina recibiu 3,5 millóns de toneladas en subministracións, sobre todo en forma de medicamentos esenciais enviados a Gaza para repor as existencias nos hospitais e centros de saúde que sufriron danos debido ao conflito. UNICEF tamén forneceu vacinas esenciais para protexer aos nenos que son especialmente vulnerables durante os desprazamentos masivos de poboación.
  • Sudán do Sur recibiu 34 toneladas de axuda e subministracións nutricionais para salvar vidas, incluíndo alimento terapéutico listo para o seu uso na alimentación de nenos vulnerables, 50.000 dos cales están en risco de morrer por desnutrición. Case un millón de nenos menores de cinco anos de idade en Sudán do Sur requirirán tratamento para a desnutrición aguda este ano.
  • En Sirya, as operacións de subministración de UNICEF, que comezaron con transportes aéreos de carga fai catro anos, convertéronse nun fluxo estable de subministracións que en agosto incluíron 89 toneladas de tabletas de purificación de auga e kits de educación. UNICEF tamén está a enviar máis de 156 toneladas métricas de subministracións de saúde, educación e abastecemento de auga para as familias sirias desprazadas no Líbano e Xordania. Os preparativos para o inverno están en marcha e UNICEF almacena roupa de inverno infantil procedente de provedores locais na rexión.

"Durante as múltiples crises desta magnitude os nenos deben ser o primeiro. UNICEF comprometeuse a manter o rumbo. Mentres os nenos teñan necesidade, imos seguir levando a cabo estas operacións de subministración urxentes, complexas e extensas", dixo Hall.