UNICEF, cos nenos de Paquistán

UNICEF está a distribuír subministracións de emerxencia vitais aos nenos e as súas familias como resposta ás inundacións no sur de Paquistán. Estímase que hai 5,4 millóns de persoas afectadas, incluíndo 2,7 millóns de nenos.

En Sindh, máis de 300.000 persoasabandonaron as súas casas en busca dun terreo máis alto. Moitos refuxiáronse en campamentos improvisados ao longo das estradas, colexios ou edificios públicos próximos ás súas casas.

Auga, saneamento, saúde e nutrición, áreas claves

Entre as necesidades máis inmediatas encóntranse a auga potable, saneamento, saúde e nutrición. Os nenos que están nunha situación vulnerable debido aos desprazamentos teñen un maior risco de contraer enfermidades como a diarrea e o sarampelo. Moitos destes nenos estanse a ver afectados polas inundacións por segunda vez nun ano. "UNICEF xa está a chegar aos nenos con auga potable e vacinas, pero necesitamos aumentar as axudas e facer máis - e facelo rápido- por todos os medios posibles, " asegurou o Representante de UNICEF Paquistán,Dan Rohrmann, que visitou onte o distrito de Badin.

UNICEF está a repartir ao redor de 200.000 litros de auga diarios a unhas 40.000 persoas. Ademais, 40 camións cisterna serán distribuídos nos próximos días, para aumentar as provisións de auga potable das familias desprazadas e evitar as enfermidades transmitidas pola auga. UNICEF tamén subministrou de forma inicial50.000 pastillas potabilizadoras de auga. Ademais, UNICEF apoiou a distribución de case 60.000 mosquiteiras tratadas con insecticida ás familias gravemente afectadas e os seus aliados subministrarán esta semana outras 80.000. Tamén 100.000 nenos foron vacinados contra o sarampelo e a polio, e hoxe realizouse un envío de medicamentos básicos para máis de 500.000 persoas e 977 kits para os recén nacidos.

Fortalecer a resposta para os máis vulnerables

UNICEF está a aumentar a súa resposta de emerxencia e traballará de forma conxunta co goberno e os seus aliados para asegurar unha asistencia urxente e coordinada que chegue aos nenos máis vulnerables e desfavorecidos con todos os seus esforzos, " afirmouRohrmann. "Os nenos que pertencen a familias pobres e vulnerables están entre os máis afectados polas fortes inundacións e necesitan axuda inmediata. Centos de miles tiveron que abandonar os seus fogares, con poucas posibilidades de volver nun curto período. O acceso a servizos esenciais é mínimo, pero as subministracións de emerxencia están a chegar e fun testemuña dunha incrible capacidade de recuperación, " afirmou Rohrmann.