UNICEF Comité Castela e León presenta o seu Informe sobre infancia

O 24,9% dos nenos e nenas de Castela e León estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social en 2012, fronte ao 21,7% do total da poboación.

 

É dicir, ao igual que acontece no resto de España, os nenos son o colectivo máisafectado pola crise. É un dos datos de A infancia en Castela e León: unha aproximación aos dereitos da infancia.Este primeiro informe sobre a infancia na comunidade ofrece unha radiografía da poboación infantil en Castela e León, onde hai 378.712 nenos (o 15% da poboación total). Así mesmo analiza a súa situación nas áreas de saúde, protección ou educación. Respecto ao seu dereito a un nivel de vida axeitado, o informe revela que 3.819 nenos viven en fogares con privación material severa. É dicir, viven en fogares que non poden permitirse 4 destes 9 elementos: pagar o aluguer ou unha letra; manter a casa axeitadamente quente; afrontar gastos imprevistos; unha comida de carne, polo ou peixe polo menos 3 veces por semana; pagar unhas vacacións polo menos unha semana ao ano; un coche; unha lavadora; un televisor en cor; e un teléfono fixo ou móbil. No ámbito educativo o informe sinala variosretos pendentes, como a taxa de repetición (que se sitúa no 15,3% en 1º da ESO) e a deabandono escolar temperán (21,5%). Ambas as dúas están afastadas da recomendación da Unión Europea na Estratexia 2020, cuxo obxectivo é reducir o abandono escolar ata o 10%. Na área de saúde ofrécense datos sobreobesidade e sobrepeso. Afectan ao17,79% dos nenos da comunidade.

Propostas para mellorar a situación da infancia en Castela e León

O documento conclúe que preservar os dereitos da infancia require mellorar acoordinación, a eficacia e a coherencia das políticas de infancia entre as distintas administracións, e máis neste momento. Por estas razóns, UNICEFComité Castela e León propón as seguintes medidas:

  • Recoller e sistematizar información específica e desagregada sobre ainfancia e con indicadores de seguimento axeitados.
  • Medir oimpacto que cada política e norma autonómica ten na infancia.
  • Consolidar as acciónsdirixidas ao cumprimento do Pacto polos Dereitos da Infancia.
  • Conformar un novo Plan de Infancia con dotación presupostaria específica, mellora na oferta de servizo e que promova a participación infantil.
  • Intensificar a loita contra a pobrezacon iniciativa como a Rede de Protección ás Familias Afectadas pola Crise.
  • Protexer o investimento na infancia nos ámbitos que formulan desafíos: loita contra a pobreza, educación, saúde e protección.
  • Promover o consenso social e político en torno á educación, prestando especial atención á redución das taxas de repetición e abandono escolar.
  • Tomar en conta a opinión dos nenos, establecendo órganos de representación infantil e promovendo procesos participativos regulares e conformes ás directrices da Convención.

Este informe é a cuarta publicaciónautonómica de UNICEFtras as de Canarias, Baleares e Cataluña. Foi elaborado porUNICEF Comité Castela e León co apoio da Consellaría de Educación, a Fundación de Universidades e Ensinanzas Superiores de Castela e León, a Universidade Europea Miguel de Cervantes e a Fundación Aranzadi Lex Nova. A infancia en España foi obxecto tamén do estudoAinfancia en España. 20 anos da Convención sobre os Dereitos do Neno: retos pendentes (2010) e o informeInfancia en España 2012-2013, que analizaba o impacto da crise nos nenos españois. O de Castela e León céntrase na aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno na comunidade, especialmente centrada no dereito a un nivel de vida axeitado, á saúde, á educación e á participación na vida cultural e artística. O proxecto xorde para dar continuidade ao Pacto polos Dereitos da Infancia, asinado en 2012.