UNICEF apoia a volta á escola dos nenos sirios

En Sirya os nenos volven á escola esta semana polo inicio do novo ano escolar, pero fano nun estado de incerteza a causa da violencia.

Segundo o Ministerio de Educación, aproximadamente 2.072 escolas foron danadas polo conflito, mentres que outras 800 se converteron en refuxios para as familias desprazadas polo conflito. Case 90 persoas do ámbito da educación foron asasinadas. Antes de da reanudación das clases o domingo pasado, o Goberno trasladou as familias desprazadas dende algunhas escolas a lugares alternativos, incluídos centros deportivos. Nunha primeira fase da súa intervención, UNICEF ten como obxectivo que 75.000 nenos reciban axuda de educación en emerxencias. Isto inclúe arehabilitación de máis de 150 escolas danadas, a provisión de 30.000 bolsas con materiais escolares para os nenos desprazados e o apoio continuo a máis de 100clubs escolares que proporcionan apoio psicolóxico, educación compensatoria e actividades recreativas. "É vital que os nenos afectados pola crise volvan á escola tan pronto como sexa posible: isto axudaralles a restablecer un sentido de normalidade nas súas vidas", dixo Dina Craissati, Asesora Rexional de Educación de UNICEF para Oriente Medio e África do Norte.  

Apoio a os nenos sirios refuxiados en xordania, líbano, turquía e iraq

Mentres tanto,UNICEF está a traballar con urxencia cos gobernos e outros aliados para apoiar uns 66.900 nenos sirios refuxiados rexistrados que están en idade escolar en Xordania, Líbano, Turquía e Iraq, onde ou ben empezou o colexio ou vaino facer pronto. O número real de nenos en idade escolar, incluíndo os que están a esperar a ser rexistrados e os nenos que non están rexistrados aínda, fai que esta cifra sexa máis alta. En Xordania, onde o novo curso escolar comezou o 4 de setembro, preto de 17.000 nenos sirios refuxiados están a asistir a escolas nas comunidades de acollida, e espérase que esta cifra aumente. O apoio de UNICEF e os seus aliados inclúe os gastos de matrícula e libros de texto, a provisión de aulas adicionais e o equipamento dos nenos e as escolas para o próximo inverno. Non obstante, aínda non hai escola para un número aproximado de6.000 nenos en idade escolar no campamento de Za´atari, na fronteira de Xordania con Sirya. UNICEF e o Ministerio de Educación de Xordania rexistraron máis de 1.150 nenos para un campamento escolar que se espera que abra a finais de setembro. Pero hai unha necesidade desesperada de fondos adicionais para cubrir os custos de mobiliario, os salarios dos profesores, e instalacións de auga e saneamento.  

Asiniciativas escolares tamén están a chegar a nenos refuxiados en Líbano, Turquía e Iraq. En Líbano,UNICEF está a traballar para garantir que 32.000 nenos en idade escolar das poboacións afectadas estean matriculados na escola. UNICEF está tamén rehabilitando 45 escolas e concienciando sobre a importancia da escolarización. En Iraq, estanse a rehabilitar 11 escolas utilizadas ata a data como refuxio, proporcionouse espazo adicional para aulas e a campaña de matriculación escolar esténdese aos nenos de dous campamentos de refuxiados. A Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África, María Calivis, afirmou que se necesitan urxentemente fondos adicionais para apoiar a resposta de educación en emerxencias. "A falta de fondos está a minar o impacto do traballo de UNICEF na volta ao colexio. Necesitamos o apoio da comunidade internacional e necesitámolo agora ", dixo Calivis.UNICEF aínda require 30,9 millóns de euros para a súa resposta de emerxencia en Sirya, Líbano, Xordania, Turquía e Iraq. Coa deterioración da situación, esa cifra espérase que aumente.

 que aumque