Turquía: os nenos refuxiados sirios necesitan apoio urxente

Nunha tranquila vivenda nos arredores de Antakya, en Turquía, un grupo de pais e nais, que se refuxiaron neste país tras fuxir da violencia en Sirya, inaugurou unha escola provisional para os seus fillos.

Nos antigos dormitorios e salas da casa escóitanse agora as voces que repiten as leccións de matemáticas, inglés, turco e instrución coránica, e o xardín converteuse nun animado patio de recreo. Para moitos dos nenos que acoden a esta escola, estas actividades son o primeiro paso cara á normalización das súas vidas, alteradas polo conflito que aínda continúa no seu país. Non obstante, os debuxos que adornan as paredes do salón onde se ditan as clases de arte recordan o tráxico custo que tivo a violencia para os nenos.

Sayed* conta a súa historia

Sayed, un alumno de 16 anos, que fuxiu de Sirya hai tres semanas, conta a súa historia: participaba nunhamanifestación de protesta cos seus compañeiros  de

escola, cando de pronto recibiron refachos de armas de fogo.

"Un dos meus amigos foi alcanzado no peito", recorda Sayed. "Eu preguntábao " Como estás? Quete pasa? Pero o meu amigo non podía falar".Dous amigos da infancia de Sayed foron feridos de gravidade. O mozo levounos a un hospital estatal, onde se lles negou tratamento. Finalmente, os seus pais lograron que os aceptasen nunha das moitas clínicas clandestinas que funcionan en Sirya. Sayed non volveu ver os seus amigos. Uns días máis tarde morreron os dous. Os nenos refuxiados en Turquía non só sofren a pesada carga do pasado senón tamén a ansiedade polo que lles poida suceder aos seus familiares e amigos que quedaron en Sirya. Un tío de Sayed, por exemplo, desapareceu recentemente. Cando se lle preguntou como se sentía por todo o sucedido,Sayed rompeu a chorar.  

necesitase axuda con urxencia

Mustafa Shakir, o director da escola, di que moitos dos 196 nenos e nenas que asisten ao centro teñen problemas para superar o trauma da violencia e as perdas. "Os problemas son moitos", di, " pero o peor é o estado psicolóxico en que se encontran estes nenos, especialmente os que viron sangue, persoas mortas e enfrontamentos. Eses nenos non poden concentrarse. A escola recibe fondos para a compra de libros, materiais, etc., pero o director reitera que necesita máis apoio.  

O goberno de Turquía construíu varios campamentos semipermanentes ao longo da súa fronteira con Sirya para as persoas que foxen e que non teñen medios de subsistencia. Eses campamentos xa albergan máis de 5.000 nenos e nenas. *Se cambiou o nome para protexer a súa identidade.