Tifón en Filipinas: o Colexio San Francisco, cos nenos afectados pola emerxencia

O Colexio San Francisco de Asís de Lorca, en Murcia, organizou unha actividade a favor dos máis de 5 millóns de nenos afectados polo paso do tifón Haiyan/Yolanda en Filipinas.

Co fin de achegar a súa imaxinación á decoración do Nadal do centro, cada alumno creou a súa folla de árbore solidaria que, acompañada dun donativo, expresa os mellores desexos para todos os nenos e nenas do mundo.

Con motivo do Nadal e do Día Internacional da Solidariedade Humana que se celebra nestas datas, toda a comunidade educativa do Colexio San Francisco de Asís de Lorca se envorcou para conseguir fondos para osprogramas de emerxencia de UNICEF en Filipinas. Con motivo desta campaña solidaria de UNICEF, e por proposta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (AMPA) e co apoio do equipo directivo, desenvolveuse unha actividade lúdica e decorativa que consistía en que cada alumno levase unha folla de árbore feita e decorada por eles, con diferentes materiais e técnicas para colgar na árbore de nadal que adorna a entrada do colexio. Cada neno debía expresar un desexo na súa folla e á vez traer un donativo coa cantidade que cada familia puidese, para destinar aemerxencia en Filipinas.Tanto a dirección do centro coma o AMPA manifestaron a súa sorpresa e alegría, xa que os resultados superaron de sobra as súas expectativas de captación, conseguindo máis de 2.600 euros. A Presidenta de UNICEF ComitéLorca, María Pilar López, acudiu ao colexio para recoller a achega solidaria e agradecer tanto o esforzo realizado coma o resultado obtido, xa que se converteu nunha actividade solidaria moi participativa.

AxUDA A FILIPINAS: o TRABAllO DE UNICEF 

Máis dun mes despois de que o tifón Haiyan/Yolanda azoutaráFilipinas, UNICEFsegue traballando sen descanso para responder ás necesidades de5,8 millóns de nenos que están a sufrir as consecuencias da catástrofe. O desvastador tifón, o máis forte que tocou terra, afectou a 14 millóns de persoas.

O traballo deUNICEF, xunto co Goberno de Filipinas e outras organizacións humanitarias, conseguiu que 200.000 persoas teñan acceso a auga potable enTacloban, entre outros moitos logros.

Dende que se produciu o tifón, UNICEF distribuíu miles de artigos como lonas, cubos, pastillas potabilizadoras de auga, suplementos demicronutrientes e kits dehixiene, recreativos e educativos.

Pero aínda queda moito por facer. Para poder seguir abordando este traballo en Filipinas ata finais de 2014, UNICEF fixo unchamamento por valor de 119 millóns de dólares (86,6 millóns de euros).