Sudán do Sur: a violencia obstaculiza a axuda

Os novos estalidos de violencia en Sudán do Sur poderían causar o desprazamento de decenas de miles de persoas máis. Preto de 900.000 persoas, a metade delas nenos, xa se viron obrigadas a abandonar os seus fogares.

 

UNICEFalertou de que esta emerxencia corre o risco de converterse en abafadora. Como explica o director de programas de Emerxencia, Ted Chaiban, "estamos a traballar para evitar o desastre", aínda que "o sono de Sudán do Sur corre o risco de converterse enpesadelo para os nenos do país". A finais de xaneiro asinouse un acordo para o cesamento de hostilidades. Non obstante os combates entre as forzas do goberno e a oposición intensificáronsenas últimas semanas. Producíronse fortes enfrontamentos e asasinatos en igrexas e hospitais na cidade de Malakal. A loita estendeuse máis ao norte, no estado do Alto Nilo. Agora a preocupación é que 30.000 civís ou máis poden versedesprazados. Uniríanse aos centos de mulleres, nenos e homes que xa sofren un "acceso limitado a auga potable, saneamento, nutrición e vivenda", recorda Chaiban. Estas condicións fan os nenos especialmente vulnerables a brotes de enfermidades e a unha inseguridade alimentaria grave.

Sudán do Sur: a violencia continúa

Os fogares das familias que se viron obrigadas a abandonalos están a ser saqueados. A violencia afecta aos seus medios de subsistencia. Os mercados son destruídos. A axuda habitual foi interrompida. 3,7 millóns de persoas quedaron así en risco de inseguridade alimentaria grave, brotes de enfermidadese desnutrición aguda.UNICEF aproveita os períodos dunha estabilidade relativa para atender aos desprazados con auga e saneamento e servizos de saúde e nutrición. A educación inténtase continuar nos lugares onde hai grandes grupos de familias desprazadas. Retomar as clases é un paso vital para os nenos cuxas vidas se ven interrompidas de xeito traumático. Ademais UNICEF e os seus aliados están a buscar osnenos que quedaron separados das súas familias e ofrecen apoio psicosocial.Os nenos son os que máis están a sufrir esta violencia. Hai informes que denuncian graves violacións do dereito humanitario. Nos dous últimos meses hai nenos e nenas que foron asasinados, mutilados, violados, recrutados polos grupos armados, quedaron sen fogar e orfos."O persoal de UNICEF presenciou persoalmente as consecuencias das atrocidades", di Chaiban. "Non" pode haber "ningunha escusa ou xustificación para esta violencia. Os nenos e os civís deben ser protexidos polo dereito internacional". A loita debe parar para que as organizacións poidan responder ás necesidades da poboación, que aumentarán cando nas próximas semanas empecen as chuvias. Moitas estradas quedarán intransitables e impedirán a chegada de subministracións.UNICEF fixo un chamamento de 75 millóns de dólares (uns55 millóns de euros) para cubrir as necesidades dos desprazados de Sudán do Sur durante os primeiros seis meses de 2014.