Sudán do Sur: os nenos levados pola forza aínda non foron liberados

Decenas de nenos levados pola forza por homes armados nun pobo ao norte de Sudán do Sur hai dúas semanas permanecen recrutados como nenos soldado, a pesar dos intensos esforzos para localizalos e liberalos. O número de nenos pode ser de centos. Ademais, durante os asaltos dos días 15 e 16 de febreiro, tamén foi secuestrado un grupo de homes adultos.

A raíz da información proporcionada a un equipo de UNICEF e os aliados do Mecanismo de Supervisión e Presentación de Informes de Nacións Unidas (MRM polas súas siglas en inglés), estamos seguros de que o grupo armado que se levou aos nenos foi unha milicia Shilluk ás ordes de Johnson Oloni. Esta milicia está aliñada coas forzas gobernamentais do SPLA.

Nun intenso esforzo para recompilar información, tanto en Juba coma no Estado do Alto Nilo (onde aconteceron os feitos), dendeUNICEF e xunto aos aliados do MRM, tratamos de reconstruír o que aconteceu durante e despois do asalto, e descubrir a situación dos nenos. Estase a preparar un informe oficial de seguimento de Nacións Unidas sobre unha grave violación dos
dereitos da infancia. Un dos desafíos que dificultan a obtención de probas foi a forte presenza de milicias que quedan en Wau Shilluk, polo que resulta imposible recibir información de primeira man.

Non obstante, a partir dos informes recibidos ata agora está a quedar claro que os nenos non están xuntos nun só grupo. DendeUNICEF cremos que a algúns dos nenos -incluíndo algúns dos alumnos da escola- se lles permitiu volver ao seu pobo para comer cos seus pais e nalgúns casos a algúns nenos se lles permitiu ir á escola. Pero pola noite foron levados de novo.

En conversacións co SPLA en Melut confirmouse que o recrutamento forzoso dos nenos se levou a cabo e que moitos dos nenos estaban a ser enviados a MelutTestemuñas afirmaron tamén que moitos nenos foron vistos nun campo de adestramento preto de Wau Shilluk e que en Melut, nenos de tan só 12 anos foron vistos
portando armas pero non uniformados.

Sudán do Sur: o SPLA afirma que a milicia de Johnson Oloni está fóra do seu control

O representante de UNICEF en Sudán do SurJonathan Veitch, explica que cando xuntas os diferentes informes testemuñais, se ve con moita forza que os nenos poderían ter estado a punto de ser enviados a loitar a Kaká, uns 45 minutos ao norte de Melut en barco.

"Tememos que vaian dende a aula á fronte", sinala Veitch. "UNICEF fai un chamamento a Johnson Oloni para que deixe que os nenos volvan á escola e estean coas súas familias de inmediato".

Veitch tamén urxe ao Goberno de Sudán
do Sur a usar calquera influencia que teña para asegurar a liberación dos nenos.