Sudán do Sur: desafíos para mellorar a atención aos nenos e as súas nais

Sudán do Sur enfróntase a moitos desafíos relacionados coa prestación de atención sanitaria, sobre todo, a maternoinfantil. Tan só o 19% dos nacementos son atendidos por persoal cualificado o que aumenta os riscos.

Ademais, existen grandes desigualdades no acceso á atención médica entre as zonas urbanas e rurais: as mulleres e nenos das áreas rurais son os máis prexudicados. "A mortalidade materna en Sudán do Sur é unha das máis elevadas do mundo",explicou Romanus Mkerenga, Xefe de Saúde e Nutrición de UNICEF en Sudán do Sur. "Dezaseis nais morren todos os días debido a complicacións do embarazo. Todas estas mortes poderían terse prevido se tivesen tido auxiliares de parto capacitados". "O maior problema das mulleres durante o parto é a falta de transporte", explica Estrina Zacharia, unha matrona que leva traballando no hospital de Torit, a capital estatal, máis de 16 anos. Aqueles que viven lonxe, chegan ao hospital moi débiles. Algunhas veces o bebé xa está morto no ventre ou nace vivo coa nosa asistencia, e as nais están moi débiles  

Aumenta o número de clínicas en todo o país

Ante esta situación,UNICEF ofrece formación para os traballadores da saúde, así como o equipo médico e de transporte necesario para que as mulleres se poidan desprazar. "Vimos crecer o número de clínicas prenatais en todo o país", afirma Mkerenga. "A calidade dos traballadores da saúde está a mellorar, así como a distribución de subministracións, medicinas e a formación ás nais sobre a importancia de recibir atención médica". Levar atención médica básica á poboación, especialmente ás zonas rurais, é o único modo de superar a elevada taxa de mortalidade materna en Sudán do Sur: o futuro do país depende da saúde e supervivencia dos nenos e as súas nais.

Lugina Michael conta como chegou a Torit para recibir atención médica

Lugina Michael procede dunha rexión montañosa a uns 80 quilómetros de Torit, a capital estatal. A zona só é accesible por unha pista de terra, que dificulta as familias pobres o desprazamento. Cando Michael chegou ao hospital deTorit estaba en tan malo estado que as parteiras crían que tiñan que practicarlle unha cesárea. Estiven a sufrir dores na casa durante cinco días", relata. "Finalmente conseguimos un vehículo e trouxéronme aquí o mesmo día. Cando cheguei non sabía que hora era e que me sucedía". A diferenza doutros centros de saúde da rexión, o hospital de Torit conta cunha á dedicada á saúde maternoinfantil, e ofrece servizos integrados que inclúen atención prenatal, inmunización, probas de VIH/SIDA e asesoramento, así como servizos para a prevención da transmisión deVIH de nai a fillo.UNICEF brinda apoio ao hospital con capacitación para as parteiras, asistencia na construción de novos pavillóns e a distribución de subministracións básicas como as vacinas.