Sudán do Sur: as chuvias agravan a ameaza de fame

Coas chuvias, o risco de enfermidade aumenta e agrávase a situación das persoas desprazadas pola violencia no campo de desprazados de Mingkaman.

O traballo de UNICEF céntrase agora en dar resposta aos miles de nenos que necesitan axuda e para tratar de evitar a inminente fame en Sudán do Sur.

En abril, máis de 38.000 persoas fuxiron dos enfrontamentos en Bentiu e refuxiáronse neste campo. Máis de vinte nenos morren aquí cada semana como resultado de enfermidades previbles como a diarrea, a malaria, a pneumonía complicadas todas pola desnutrición aguda.


As nais embarazadas dan a luz todos os días aquí sen os coidados e as condicións necesarias.

 

Sudán do Sur: os nenos, os máis vulnerables

UNICEF traballa na mellora dos centros de saúde e do acceso aos coidados prenatais e postnatais nos campos de refuxiados para reducir o número de mortes de mulleres e nenos. Pero as chuvias e as inundacións son un grande obstáculo para o traballo humanitario cos nenos, que unha vez son os máis vulnerables.

Se non se intensifican os programas nutricionais, 50.000 nenos poderían morrer de desnutrición. Ao redor de 235.000 nenos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda grave este ano, o dobre que o ano pasado.

Ademais, uns 675.000 nenos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda moderada. Ata agora, debido ás difíciles condicións, a comunidade humanitaria puido alcanzar ao 10% destes nenos co tratamento que necesitan.

Axuda a evitar a fame en Sudán do Sur