Sudán do Sur: centos de miles de nenos en risco

As malas noticias seguen chegando dende o país máis novo do mundo.

A metade dos 12 millónsde habitantes de Sudán do Sur teránfuxido, sufrirán desnutrición ou terán morto a finais deste ano, declarou o Secretario Xeral das Nacións Unidas. E polo menos a metade son son nenos, vítimas inocentes dun conflito que se agrava cada día e que afecta especialmente aos máis pequenos. Preto do 80 por cento dos nenos menores de cinco anos nos tres estados afectados polo conflito -Jonglei, Alto Nilo e Unity- estánrisco de contraer enfermidades e de morrer. "O sono dun Sudán do Sur seguro epacífico estase a converter nunpesadelo para os seus nenos", dixo aDirectora Executiva Adxunta de UNICEF Yoka Brandt. "Necesitan asistencia humanitaria; necesitan que os seus líderesprotexan as súas vidas, os seusdereitos e o seu futuro; e necesitan que o mundo os escoite e esixan actuar no seu nome".

Sudán do Sur:  confírmase un brote de cólera

A pesar de que 80.000 persoas foronvacinadas contra a cólera, o Ministerio de Saúde confirmou un brote en Juba. O número de casos duplícase cada día, o que demostra que a enfermidade mortal se está a estender de xeito preocupante.UNICEF axudou a crear un centro de tratamento contra a cólera. Ademais está a instalar carpas para atender aos pacientes e distribúe materiais de hixiene, auga potable esales de rehidratación oral.Centos de persoas foron formadas para concienciare mobilizar ascomunidades.

Ademais os nenos de Sudán do Sur enfróntanse á desnutrición. En todo o país uns 50.000 nenos poderían morrer de desnutrición e 740.000 nenos menores de cinco anos están en alto risco de sufririnseguridade alimentaria. Moitos xa están a empezar a comer plantas silvestres como plantas e herbas. Xunto aos problemas de saúde, os nenos están a ser vítimas da violencia. Máis de medio millón denenos fuxiron daviolencia. As mulleres e nenas son agredidas sexualmente cada vez con maior frecuencia e son obxectivo da violencia de xénero. As escolas e hospitais están sendo atacadas e utilizadas polas partes en conflito. Máis de 9.000 nenos foron recrutados por grupos armados de ambas as dúas partes. Miles de nenos foron separados das súas familias, forzados a fuxir a outras partes de Sudán do Sur ou a países veciños.

necesítanse fondos

As necesidades definanciamento de UNICEF aumentaronconsiderablemente dende comezos de ano debido á deteriorada situación que sofre o país. Necesítanse 80,9 millóns de euros para responder ás necesidades dos nenos afectados por esta crise. Se non se logra financiamento, UNICEF será capaz de continuar cos programas humanitarios vitais para atendelos. Por iso UNICEFreitera o seu chamamento a todas as partes para que garantan o acceso seguro e sen obstáculos daaxuda humanitaria; e para que respecten os compromisos adquiridos de deter a violencia contra os nenos, a violencia sexual e de xénero e o recrutamento de nenos.