Sudán do Sur, ao bordo dunha crise nutricional

A desnutrición infantil podería duplicarse este ano en Sudán do Sur se non se actúa agora.

 

Os nenos do país están ao bordo dunha crise nutricional. A final de ano uns 250.000poderían sufrir desnutrición severa aguda se non se actúa xa. "Se o conflito continúa e os agricultores perden a próxima tempada de sementeira, sufriremos a taxa de desnutrición infantil máis alta que xamais vísemos aquí", asegura o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch.En 2011, dous anos e medio despois de lograr a independencia, Sudán do Sur sufriu uns altos niveis de desnutrición infantil.

Sudán do Sur: o peor está por chegar

O conflito que se vive no paísempeorou esta situación: uns 50.000 nenos menores de cinco anos poderían morrer se non reciben tratamento inmediatamente. "Lamentablemente, o peor está por chegar", afirmaVeitch.3,7 millóns de persoas, entre as que hai uns740.000 nenos menores de cinco anos, están enrisco debido á inseguridade alimentaria. Moitos víronse obrigados a recorrer aos "alimentos de fame", é dicir, alimentos silvestres como plantas e herbas. O obxectivo de UNICEFé tratar de xeito inmediato a máis de150.000 nenos menores de cinco anos que sofren desnutrición grave. "Non" son "só estatísticas, senón nenos para os cales Sudán do Sur debe cumprir a súa promesa e asegurar o seu potencial", recorda Veitch. O tratamento a estes nenos realizarase a través de equipos de resposta rápida. Estes equipos entregan alimentos terapéuticos listos para usar, suplementos demicronutrientes, medicamentos, sobres de potabilización de auga, vitamina A e comprimidos antiparasitarios, ademais de apoiar as nais lactantes e mulleres embarazadas. Este traballo estase a levar a cabo en zonas remotas que antes eran inaccesibles. Non obstante, para facer fronte ás necesidades nutricionais en Sudán do Sur, UNICEF necesita 38 millóns de dólares, dos cales ata agora só recibiu 4,6.