Sudán: 165.000 desexos do Nadal

Por Jessica Clare, oficial de Comunicación de UNICEF en Sudán

Mentres escribo estas liñas, o "inverno" está a chegar á habitualmente abrasadora Khartum, a capital de Sudán. Cada ano, durante unhas cantas semanas, todo o país pensa que está a punto de nevar e póñense bufandas, chaquetas e gorros, a pesar de que a temperatura nunca chega a baixar dos dous díxitos. Así que durante as próximas semanas alguén como eu, que celebra o Nadal, se sente como na casa nestes momentos.

Non obstante hoxe é difícil pensar en Nadal, botar a vista atrás e recordar todos os retos e logros deste ano -malia que houbo moitos aquí en Sudán para os nenos polos que traballamos.

A razón é que dende fai dous anos nosos desexos de Nadal en UNICEF Sudán non se cumpren.

Como o dous último nadal, este ano non temos un só desexo, senón 165.000. E aínda que pareza un pouco ambicioso, cremos que non é moito pedir.

Os nosos 165.000 desexos son para os 165.000 nenos que viven nos estados do sur de Sudán que están en conflito Nilo Azul e Kordofán do Sur. Estes nenos levan máis de dous anos sen ser vacinados. Sen un alto o fogo, non podemos chegar a eles para protexelos de enfermidades prevenibles. Mentres a polio se estende por Sirya e o Corno de África, estes nenos están nun risco real e alarmante de contraer esta enfermidade.

Sur de Sudán: os nenos levan máis de 2 anos sin ser vacinados

Agora, a realidade diaria destes nenos está contaminada con bombas, con armas e cun enfrontamento brutal. Moitos non teñen as cousas básicas que necesitan para sobrevivir, algúns son mesmo forzados a buscar refuxio en covas. E agora enfróntanse á acechante ameaza de enfermidades prevenibles das que teñen o dereito a ser protexidos.

Os nosos valentes e comprometidos compañeiros de Kordofán do Sur enfróntanse tamén aos perigos do conflito todos os días. Esta semana os bombardeos preto das nosas oficinas obrigáronos a traballar dende un búnker. Non sabemos cando poderán volver á oficina de forma segura.

Os nenos de Nilo Azul e Kordofán do Sur non teñen un búnker e viven cada día con medo. Isto é o que nos leva a seguir traballando por estes nenos, e non pararemos ata que poidamos chegar a eles.

Cada un deles non só merece, senón que ten o dereito a iso, moito máis que ser protexido da polio. Necesitan acceso a coidados médicos, a un colexio e a un lugar seguro para xogar. O meu desexo de que sexan vacinados contra a polio é só o principio.

Durante os últimos meses o noso equipo estivo a preparar plans, loxística, vacinas e máis accións para asegurar que estamos preparados para mobilizarnos e chegar a estes nenos en 48 horas. Agora, só esperamos que as dúas partes do conflito acorden depoñer as armas durante uns días para que poidamos chegar a eses nenos. Os meus compañeiros e eu temos a nosa equipaxe preparada e estamos listos para saír se nos piden volver durante as vacacións.

Pero non me importa nin un pouquiño, significará que cada un dos meus desexos de nadal se fixo realidade.