#StopMGF: 200 millóns de nenas e mulleres sufriron mutilación xenital feminina

Polo menos 200 millóns de nenas e mulleres no mundo son vítimas da mutilación xenital feminina, segundo un informe que desde UNICEF publicamos con motivo do Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina, que se celebra o 6 de febreiro.

 

O informeA mutilación xenital feminina: unha preocupación mundial pon de manifesto que a metade das afectadas viven en 3 países:Exipto, Etiopía e Indonesia. Con todo, a ablación é un problema de dereitos humanos en todo o mundo.
 
"A mutilación xenital feminina difire entre rexións e culturas, e hai algunhas formas que implican riscos potencialmente mortais para a saúde. En todos os casos, viola os dereitos das nenas e as mulleres. Todos debemos incrementar esforzos -os gobernos, os profesionais da saúde, os líderes comunitarios, os pais e nais, e as familias- para eliminar esta práctica", di a directora executiva adxunta de UNICEF, Geeta Rao Gupta.
 

#STOPMGF: 44 MILLóNS DE NIenS MENORES DE 14 AnOS SON VÍTIMAS DE ABLACIÓN 

Esta terrible práctica afecta a44 millóns de nenas menores de 14 anos. En moitos países a maioría das nenas sufriron a ablaciónantes de chegar aos seus quintos aniversarios.
 
En 2015, 70 millóns de mulleres e nenas máis que en 2014 sufrironablación. Isto explícase polo aumento de poboación nalgúns países e a que, a medida que se dispón de máis datos sobre o alcance da mutilación xenital feminina, aumenta a estimación do número total de nenas e mulleres que a sufriron. Agora mesmo existen 30 países que teñen datos representativos a nivel nacional sobre a mutilación.
 
"Determinar a magnitude damutilación xenital feminina é esencial para eliminar a práctica. Cando os gobernos recompilan e publican as estatísticas nacionais atópanse nunha mellor posición para entender o alcance do problema e acelerar os esforzos para protexer osdereitos de millóns de nenas e mulleres", dixo Rao Gupta.
 
Nos últimos anos incrementáronse considerablemente os esforzos para erradicar esta práctica.  As taxas de prevalencia da mutilación xenital feminina diminuíron entre as nenas de 15 a 19 anos, como reflicte o descenso dun 41% en Liberia, dun 31% enBurkina Faso, dun 30% en Kenya e dun 27% en Exipto nos últimos 30 anos.
 

#STOPMGF: AS AFECTADAS POLA ABLACIÓN AUMENTARÁN NOS PRÓXIMOS 15 AnOS

Cada vez son máis os pobos e localidades que se suman publicamente ao rexeitamento da ablación. Desde 2008 máis de 15.000 comunidades e distritos en 20 países declararon publicamente oabandono da mutilación xenital feminina (2.000 o ano pasado). Ademais, 5 países aprobaronleis que penalizan a práctica. 
 
Os datos tamén indican adesaprobación xeneralizada da práctica, xa que a maioría das persoas dos países onde existen datos sobre a mutilación xenital feminina pensan que se debe eliminar. Entre elas, case dúas terceiras partes son nenos e homes.
 
Pero estes progresos non son suficientes debido ao crecemento da poboación. De seguir ao ritmo actual, o número de nenas e mulleres sometidas ámutilación xenital feminina aumentará considerablemente nos próximos 15 anos.
 
Desde UNICEF, xunto coFondo de Poboación das Nacións Unidas, levamos o maior programa mundial para a eliminación da mutilación xenital feminina. Traballamos cos gobernos, as comunidades, os líderes relixiosos e outros aliados para poñer fin á práctica.
 
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable para 2030 inclúen entre as súas metas a eliminación da mutilación xenital feminina. Todo parece indicar que o compromiso da comunidade internacional para poñer fin á ablacióné máis forte que nunca.