#SouthSudanNOW contra a ameaza de fame en Sudán do Sur

As redes sociais de UNICEF alzaron a voz co hashtag #SouthSudanNOW para alertar fronte á ameaza de fame en Sudán do Sur.

A crise alimentaria que atravesa o país máis novo do mundo puxo 50.000 nenos en risco mortal por desnutrición. É vital conseguir os apoios necesarios para frear a ameaza de fame.

A pobreza extrema na que xa vivían millóns de familias, unido ao conflito que vive Sudán do Sur dende decembro do ano pasado, deixaron a 4 millóns de persoas -entre elas as 740.000 nenos menores de 5 anos- nunha situación de inseguridade alimentaria con indicadores que rozan as fronteiras da fame.

En España os doadores achegaron ata o momento 36.981 euros para o traballo de UNICEF nesta emerxencia e miles de persoas alzan a voz a través de #SouthSudanNOW.

Sudán do Sur: para que serve a axuda

UNICEF traballa en Sudán do Sur dende 1989, actualmente cun equipo de máis de 150 profesionais. Xunto co PMA e outras organizacións mobiliza equipos multisectoriais (saúde, nutrición, auga e saneamento, educación, e protección da infancia) que traballan en 21 localidades, chegando a unha poboación de medio millón de persoas.

Ata a data, este traballo alcanzou os seguintes resultados:

 

  • Nutrición: 176.000 nenos con desnutrición aguda están a recibir tratamento. Ante o risco de fame, distribuíronse suplementos nutricionais para 70.000 nenos menores de cinco anos, e preto de 2 millóns de nenos recibiron vitamina A.
  • Auga, hixiene e saneamento: Proporcionouse auga a 433.650 persoas. Continúan os traballos fronte ao brote de cólera. Unhas 234.500 persoas teñen acceso ao saneamento.
  • Saúde: UNICEF traballa coa OMS na prevención do ébola en Sudán do Sur, construíndo fontes de auga e latrinas no aeroporto de Juba e no hospital. Vacinouse contra o sarampelo a 345.433 nenos e a 253.075 contra a polio e 54.200 persoas foron vacinadas contra a cólera.
  • Protección: 54.257 nenos en actividades de apoio psicosocial. Logrouse encontrar familiares de 381 nenos que estaban sós.
  • Educación: nos tres estados afectados polo conflito, 48.578 nenos poden participar en actividades educativas e teñen material escolar.

Sudán do Sur: necesitamos fondos para tratar a os nenos

O presuposto 2014 de UNICEF para atender necesidades humanitarias en Sudán do Sur é de 151,8 millóns de dólares. Ata o momento conseguiuse menos da metade: 72,6 millóns. Aínda son necesarios outros 79,2 millóns.

Calquera persoa pode contribuír ao traballo de UNICEF en Sudán do Sur alzando a voz nas redes sociais a través do hashtag #SouthSudanNOW, enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028, chamando ao 900 907 102 ou entrando en http://www.unicef.es/sudan-del-sur/donar.

Axuda a evitar a fame en Sudán do Sur