S.M. a Raiña Letizia preside a súa primeira reunión como Presidenta de Honra de UNICEF España

A súa Maxestade a Raiña Letizia presidiu esta mañá a súa primeira reunión do Padroado de UNICEF Comité Español como Presidenta de Honra da organización. Dona Letizia estivo acompañada neste acto pola secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Susana Camarero.

 
Durante a sesión, distintos membros do Padroado de UNICEF Comité Español, presidido por Carmelo Angulo, informaron a S.M. a Raíña sobre as prioridades da organización e o seu plan estratéxico para seguir alcanzandoresultados positivos para a infancia máis vulnerable.

O presidente de UNICEF Comité Español quixo agradecer a Dona Letizia ocompromiso da Casa Real "coa axenda da cooperación, odesenvolvemento e a solidariedadee, hoxe, en particular o compromiso permanenteda Súa Maxestade coas causas da infancia e as familias vulnerables, así como o seu apoio a UNICEF".

Durante a súa intervención, Carmelo Angulo subliñou a importancia da
Convención sobre os Dereitos do Neno(CDN) "como instrumento, guía e inspiración do noso traballo, que permitiu e permite cambios reais nas vidas de millóns de nenos e unha mellora, substantiva universal das políticas de infancia e familia". Aínda que, como engadiu, "aínda quedan grandes retos que abordar como o da supervivencia infantil: aíndamorren cada día 17.000 nenosmenores de 5 anos por causas que se poden evitar".

Para abordar os retos que enfronta a infancia, Carmelo Angulo destacou o
traballo global da organización,que, apoiada polos gobernos e por millóns desocios, doadores e aliados, dedica os seus esforzos a 3 liñas de traballo: osprogramas de desenvolvemento en máis de 150 países; as emerxencias, que en 2013 supuxeron a resposta de UNICEF ás necesidades de millóns de nenos afectados por 289 situacións de emerxencia en 83 países; e o impacto da crise na infancia e as familias dos países de renda media e alta.

Pola súa banda, o director executivo de UNICEF Comité Español, Javier Martos, resumiu os principais resultados da organización en 2014, ano no que se superaron os 300.000 socios en España, "un fito histórico
polo que queremos expresar o noso agradecemento e recoñecemento á sociedade española".
 
"Os nosos socios, aliados e doadores son unha mostra dos valores da nosa sociedade e do seu crecente compromiso cos dereitos da infancia mesmo en tempos difíciles. Este apoio motívanos e obríganos a seguir traballando para que os dereitos da infancia se convertan un día en principios perdurables para a Humanidade e neste camiño seguimos traballando, con obxectivos como a imprescindible integración dos dereitos dos nenos e as nenas nosObxectivos de Desenvolvemento Sostible," agregou.
 
 

INFANCIA EN ESPAÑA: POR UN PACTO DE ESTADO

A reunión extraordinaria do Padroado contou tamén coa intervención de Juan José Almagro, vicepresidente de UNICEF Comité Español, que fixo fincapé na situación da infancia en España. Dende a organización trabállase por concienciar sobre a necesidade urxente dun Pacto de Estado que blinde os dereitos dos nenos en España e que asegure o seu benestar e a igualdade de oportunidades.

Pola súa banda, o vicepresidente segundo, Carina Szpilka, abordou o proxecto de dixitalización da organización e o impacto que este terá no traballo de UNICEF Comité Español.

Ao finalizar a reunión, Carmelo Angulo entregou S.M. a Raíña, como recordatorio da súa primeira reunión como Presidenta de Honra de UNICEF Comité Española, unha lámina da Convención sobre os Dereitos do Neno comentada por Mafalda e asinada polo seu creador, Quino, Premio UNICEF Comité Español 2009 "Cultura a favor da Infancia". Posteriormente, Dona Letizia saudoutodo o persoal e voluntarios que traballan na sede de UNICEF Comité Español.

Dona Letizia xa manifestara expresamente a súa disposición aparticipar de forma activa no traballo de UNICEF e do seu Comité Español cando o Padroado da organización ratificou o seu nomeamento como Presidenta de Honra o pasado setembro. Ese mesmo mes, S.M a Raíña mantivo unha
reunión en Nova York co máximo representante de UNICEF: o seu director executivo, Anthony Lake.A reunión do Padroado na que participou hoxe foi a primeira á que asistiu.

Ata o ano pasado e durante máis de 40 anos, a Presidencia Honorífica de UNICEF Comité Español foi ocupada pola Raíña Dona Sofía, quen participou de forma moi activa tanto en actividades públicas da organización coma en reunións do seu Padroado. Dende que aceptara o cargo en 1971, foron moi numerosas as ocasións nas que demostrou o seu compromiso polo benestar dos nenos e nenas e polo respecto dos dereitos da infancia recollidos na 
CDN.