S.M. a Raíña, coa infancia

S.M. a Raíña Dona Sofía, presidenta de honra de UNICEF Comité Español, participou na sesión anual da Xunta Executiva de UNICEF na súa sede mundial de Nova York.


Durante a súa intervención, Dona Sofía quixo recordar as nenas secuestradas en Nixeria: "Quero dicir os seus pais que as súas fillas son as nosas fillas, a súa dor é a nosa dor e a súa esperanza é a nosa", dixo, ao tempo que mostrou a súa preocupación polo acceso de nenas e nenos á educación que nalgúns lugares é freado por circunstancias como o traballo infantil ou os conflitos.


"Por iso" -sinalou- "desexo recoñecer e apoiar a campaña Nenos, non soldados liderada pola Representante Especial do Secretario Xeral para os Nenos en Conflitos Armados".


Boa parte do seu discurso estivo centrado no apoio continuado do noso país aos nenos máis vulnerables, destacando que "a sociedade española veu demostrando o seu compromiso e solidariedade coa infancia en todo o mundo, e foi particularmente activa durante as crises que afectaron á poboación infantil en distintos países".

"Queda moito por facer para que a Convención teña o seu máximo alcance e efectividade"

Dona Sofía sinalou que "España se comprace de ser un dos máis firmes apoios e principais doadores de UNICEF" e recordou que o labor da organización foi recoñecido en 2006 co Premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Presidenta de honra de UNICEF Comité Español dende 1971, indicou que tivo ocasión "de coñecer moi de preto os logros alcanzados durante estas últimas décadas en materia de dereitos da infancia" aínda que, como ela mesma puntualizou, aínda queda moito por facer para que a Convención sobre os Dereitos do Neno teña o seu máximo alcance e efectividade. "E este é un obxectivo no que todos debemos implicarnos, engadiu.[]
 
Así, pediu que os novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible actualmente en discusión "inclúan de forma prioritaria e efectiva os dereitos dos nenos".

A sesión da Xunta Executiva de UNICEF estaba dedicada á situación da infancia en África, "unha terra que ocupa un lugar moi especial no meu corazón", dixo Dona Sofía. Neste sentido, fixo referencia ao papel esencial das mulleres para alcanzar maiores cotas de progreso en países nos que o desenvolvemento alcanzado nos últimos lustros "debería terse traducido xa nun progreso compartido por toda a sociedade".

Dona Sofía concluíu a súa intervención desexando a UNICEF moito éxito no seu labor "porque ese éxito se traducirá no benestar e o desenvolvemento dos nenos e nenas de todo o mundo, que son o futuro e a esperanza de toda a Humanidade,".

S.M. a Raíña é unha activa Presidenta de honra de UNICEF Comité Español, que se mantén informada sobre a evolución da situación da infancia e os seus dereitos.

Durante máis de 40 anos participou en reunións do Padroado da organización e en actividades como a XXVI Reunión dos Comités Europeos de UNICEF (1981, Madrid), a 53 Reunión Anual dos Comités Nacionais de UNICEF (2008, Barcelona), o encontro El papel das mulleres na loita polo desenvolvemento (2011, Madrid) ou a entrega dos Premios UNICEF España (2013, Madrid).