Situar os nenos no centro da cooperación española

No marco da Semana de Loita contra a Pobreza, UNICEF España uniuse con outras organizacións para pedir a cooperación española que preste á infancia unha atención prioritaria nos procesos da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD).

As organizacións que participan, ademais de UNICEF España, son a Plataforma de Infancia, Acción contra a Fame, Axuda en Acción, Entreculturas, Proxecto Solidario, World Vision International, Plan España e Save the Children. Todas elas afirman que os nenos non deben ser un beneficiario indirecto da cooperación española, senón unprotagonista con necesidades e dereitos que deben terse en conta. Poñer atención á infancia é un xeito eficaz para avanzar no cumprimento dos Obxectivos do Milenio e aerradicación da pobreza, afirman as organizacións.

O Plan Director da Cooperación Española 2009-2012 recoñece que: "A primeira infancia é o momento máis oportuno para quebrar o ciclo da pobreza e as desigualdades de xénero, aplicando propostas operativas e solucións a futuro". Realidades que requiren atención urxente

  • Adesnutrición está relacionada cunha terceira parte da mortalidade infantil anual.
  • Cada ano morren antes de cumprir os cinco anos ao redor de 7,6 millóns de nenos por enfermidades doadamenteprevenibles ou curables.
  • Preto de 300.000 nenos e nenas foron obrigados a participar en máis de 30 conflitos armados en distintas partes do mundo.
  • Hai 67 millóns de nenos sen escolarizar.
  • 150 millóns de nenas e73 millóns de nenosvíronse obrigados a manter relacións sexuais forzosas ou foron vítimas doutras formas de violencia e explotación sexual