Sirya: protexer os nenos afectados pola violencia

Dende xaneiro de 2012, o conflito en Sirya provocou, segundo a oficina de Nacións Unidas no país, a morte de máis de 9.000 sirios, incluíndo máis de 500 nenos. UNICEF e os seus aliados traballan intensamente para dar resposta ás necesidades de saúde, nutrición, educación e protección da infancia tanto en Sirya, como nos países que, cada vez en maior número, están a recibir as familias desprazadas.

Ata o momento,115.000 persoas recibiron axuda humanitaria, incluídos uns 80.000 nenos, e máis de 240.000 participaron nunha campaña de vacinación. Distribuíronse kits de nutrición para 5.800 familias, puxéronse en funcionamento 17 escolas e proveuse de material escolar e actividades de soporte psicosocial a case 5.000 nenos. O aumento da violencia en Sirya fixo que máis de 77.000 persoas, a metade nenos e adolescentes, se visen obrigadas a desprazarse a Xordania, Líbano, Turquía e Iraq. A resposta de UNICEF nestes paísesfocalizase en educación, apoio psicosocial, hixiene, auga e saneamento. O obxectivo é crear espazos seguros para a infancia, para que os nenos poidan xogar, teñan acceso á educación e apoiar tamén as familias.

UNICEF traballa nos países veciños para apoiar  os niños sirios

EnXordania, co apoio do Ministerio de Educación,UNICEF conseguiu que máis de 7.000 nenos poidan acudir á escola pública e prestouapoio psicosocial a máis de 5.000 nenos e ás súas familias.En Líbano, UNICEFdistribuíu 1.467 kits de hixiene que beneficiaron a 5.000 nenos, estableceu 11 Espazos Seguros para contribuír á normalización da vida de 1.000 nenos e formou mestres e traballadores sociais para atender en campamentos de verán a 400 nenos.. En Turquía, UNICEFfacilitou o acceso á educación de 22.000 nenos e en Iraq establecéronse dous Espazos Seguros no campo de Domiz que dan cabida a 125 nenos  sirios