Sirya: a peor e máis rápida caída na escolarización de nenos na historia da rexión

Case 3 millóns de nenos de Sirya dende 2011 víronse obrigados a abandonar os seus estudos.

As causas son múltiples, en moitos casos os enfrontamentos destruíron as súas aulas, noutros os nenos teñen medo de ir a escola ou simplemente as familias fuxiron do país.
 
A taxa de asistencia escolar primaria situábase nun 97% antes de que comezase o conflito en 2011, e agora é do 6% nalgunhas rexións.
 

crise en SIRyA:  EDUCACIÓN INTERRoMPIDA Ou INExistente

No mellor dos casos, os nenos terán acceso á educación de xeito esporádico. No peor, abandonarán a escola e veranse obrigados a traballar para manter as súas familias.

Dentro de Sirya, 1 de cada 5 escolas non se poden utilizar debido a que foron danadas, destruídas ou están a ser utilizadas como refuxio polos desprazados internos, sinala o documento. Nos países que acollen refuxiados sirios, entre 500.000 e 600.000 nenos refuxiados sirios non poden ir á escola.

As zonas máis afectadas dentro de Sirya son aquelas afectadas pola violencia, como A-Raqqa, Idlib, Aleppo, Deir Ezzour, Hama, Dera'a e as zonas rurais de Damasco. Nalgunhas destas áreas as taxas de asistencia á escola derrubáronse ata un 6%.

Máis de 1.000 días de sanguento combate en Sirya provocaron que millóns de nenos perdan a súa educación, as súas escolas e os seus mestres.

O agravamento da violencia, o gran desprazamento da poboación, o asasinato e fuga de profesores e a destrución e mala utilización das escolas fixeron que sexa máis difícil a aprendizaxe dos nenos. Moitos pais aseguran que non teñen máis opción que manter aos seus fillos na casa sen arriscarse a envialos á escola.

PROPoSTAS DE UNICEF PARA MEllORAR o ACCESO á EDUCACIÓN EN SIRyA

Nos países veciños, os diferentes idiomas e dialectos, os diferentes plans de estudo, os limitados ou inexistentes espazos de aprendizaxe, a inseguridade, a pobreza e as tensións da comunidade están a separar os nenos das escolas. Mentres tanto, os nenos e mestres das comunidades de acollida enfróntanse a aulas superpoboadas e ao aumento da presiónsobre os sistemas educativos.


Non obstante, un novo informe publicado hoxe establece as accións críticas que, se se levan a cabo agora, poderían reverter a situación. Estas inclúen:

  • Protección das infraestruturas educativas dentro de Sirya, incluíndo poñer fin ao uso das escolas con fins militares, declarando as escolas como zonas de paz, e controlar as partes en conflito que violan a protección das escolas.
  • Duplicar o investimento internacionalnos sistemas educativos dos países de acollida para ampliar e mellorar os espazos de aprendizaxe, contratar máis mestres e reducir os custos de escolarización.
  • Enfoques innovadores para superar as necesidades de educación dos nenos refuxiados sirios a través de certificados transferibles para estudantes refuxiados.
  • Ampliación dos modelos probados, como a aprendizaxe no fogar, centros de aprendizaxe non formais e espazos amigos da infancia que proporcionan apoio psicosocial aos nenos