Sirya: os desprazados pola violencia refúxianse nas escolas

En Damasco, Alepo e outras cidades de Sirya, as escolas acollen os desprazados internos que foxen da violencia. De acordo co Ministerio de Educación, 307 escolas están a albergar aos desprazados, acollendo entre 50 persoas as escolas pequenas a máis de 400 as grandes.

Durante o mes de xullo, a pesar de deterioración das condicións de seguridade e o acceso limitado a moitas áreas, UNICEFe os seus colaboradores foron capaces de intensificar os traballos para chegar a ao redor de 94.000 persoas, a gran maioría deles (preto do 90 por cento) nenos e adolescentes. UNICEFproporcionou kits de primeiros auxilios, kits recreativos, kits de hixiene, estufas, colchóns, mantas e alimentos para os nenos.  

Amal, 11 anos: “Nunca pensei que podíamos durmir na escola”

Cando Amal, de 11 anos, se refuxiou nunha das escolasMasaken Barzeh, sentiuse estraña."Nunca pensei que podiamos durmir na escola",explica, mentres relata que a primeira noite tivo que durmir xunto á súa familia no patio, xa que non había sitio para eles no interior das aulas. En agosto de 2011, a familia de Amalperdeu o seu pai como resultado da inestabilidade política e oseu fillo de 16 anos tivo que deixar a escola. "Despois de que o meu pai fose asasinado, tiven que abandonar a escola e apoiar a miña nai", dixo Ahmad."Pagar o aluguer mensualmente foi a parte máis dura", conta a nai, Oum Ahmad. "Deixamos a nosa casa e agora estamos a vivir na escola sen nada de privacidade". As familias pequenas teñen que compartir aulas coas demais.

O pai era carpinteiro, pero non quería ensinar ao seu fillo a profesión. "O meu marido quería que Ahmad continuase estudando e se fixese enxeñeiro", dixo Oum Ahmad. Ata hai uns días que deixaron a súa casa e se refuxiaron na escola,Ahmad tivo que poñerse a traballar como repartidor nun restaurante que xa pechou.UNICEF estivo a formar os aliados locais e os voluntarios da comunidade en actividades lúdicas e apoio psicolóxico para os nenos desprazados. "Ata xullo de 2012, UNICEFproporcionou asistencia recreativa e psicosocial a 26.000 nenos en Damasco, Damasco Rural, Homs, Aleppo,Daraa e Lattakia," dixo o Representante Adxunto deUNICEF en Sirya, Eric Durpaire.   

Esta escola é exactamente igual á míña

Isam, de 7 anos, tamén se refuxia nunha escola con outros sete membros da súa familia.Issam ve moitas similitudes coa súa escola. "Chegamos tarde e estaba escuro", explica. "Ao día seguinte levanteime temperán e percorrín a escola", dixo cun sorriso. "Pensei que eramos a única familia que se refuxiou nunha escola. Agora decateime que moitas persoas comparten o noso destino e difíciles circunstancias". A principios de xullo, ACNUR estimaba que un millón de persoas en Sirya tiveron que deixar as súas casas dende o comezo da inestabilidade política. Os números son máis altos agora: o Comité Internacional da Cruz Vermella e a deMedia Luna Roja Árabe estiman que200.000 persoas fuxiron de Aleppo e os seus arredores a semana pasada.