Sirya: investir en educación para protexer a unha xeración de nenos

No último ano, 770.000 nenos afectados pola crise de Sirya continuaron os seus estudos a través de diferentes formatos e case 660.000 nenos recibiron apoio psicolóxico.

"Axudar aos nenos de Sirya é investir no futuro do país, xa que os nenos de hoxe serán os médicos, profesores, avogados e líderes do mañá. Apostar por esta xeración consiste en axudalos a adquirir as capacidades e o coñecemento que necesitarán para reconstruír as súas comunidades cando regrese a paz", explica o director executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Temos que curar os seus corazóns e as súas mentes. E hai moito máis por facer".

A crise de Sirya está a poñer en risco a unha xeración enteira de nenos, segundo advirte un informe de avaliación publicado onte pola iniciativa No Lost Generation (Non a unha xeración perdida) nun encontro entre gobernos, ONG e aliados das Nacións Unidas, que se mantivo paralelamente á Asemblea, Xeral da ONU.

O encontro na sede de UNICEF coincide co aniversario do chamamento que fixeron estes aliados hai un ano, no marco da Asemblea Xeral da ONU, para evitar a perda dunha xeración enteira de nenos sirios. Dende entón, lográronse importantes avances en levar apoio educativo e de protección a máis nenos, a pesar dos constantes enfrontamentos, o aumento dos desprazados e o empeoramento das condicións de vida de moitas familias.

Sirya: avances en educación e protección

  • Nos países veciños que acollen refuxiados sirios, a matriculación en educación formal e non formal aumentou dende os 169.500 alumnos en 2013 aos 489.000 en 2014.
  • 128.000 alumnos recibiron apoio para asistir ao colexio en zonas de guerra en Sirya.
  • En 2014, 72.000 nenos dentro de Sirya e 587.000 nenos refuxiados que viven en países de acollida recibiron apoio psicosocial.
  • 200.000 coidadores en Líbano recibiron programas de apoio deseñados para promover un ámbito educativo e previr o maltrato infantil.

O informe sinala que os adolescentes son particularmente vulnerables, xa que acumulan rabia e frustración pola súa situación, o que os fai máis susceptibles de adherirse a grupos armados. É fundamental xerar oportunidades para evitar que caian na violencia e o conflito.

A iniciativa No Lost Generation fixo un chamamento de 689 millóns de euros en 2014 para servizos de educación e protección en Sirya e os países de acollida. A día de hoxe, recadáronse 234 millóns de euros, o que supón unha brecha de 455 millóns ata alcanzar o obxectivo marcado.

Fai un donativo para Sirya