Sirya: as comunidades locais en Damasco apoian os desprazados pola violencia

Razan Rashidi, Oficial de Comunicación de UNICEF en Damasco, Sirya, describe como a poboación se converteu nun aliado esencial das organizacións internacionais na resposta á crise.

Razan Rashidi

Estanse a vivirtempos moi difíciles para todos en Damasco, especialmente para os nenos, que son sempre os máis vulnerables. Miles de persoas tiveron que abandonar os seus fogares para buscar refuxio en zonas máis seguras, a miúdo en escolas e mesquitas.Durante o fin de semana, ducias de escolas en Damasco e os seus arredores estaban cheas de familias desprazadas. Os voluntarios dascomunidades locais e da Media Lúa Vermella Árabe de Sirya (SARC polas súas siglas en inglés) están a traballar día e noite para proporcionar asistencia a esta poboación e están a facer un traballo incrible. Unha tarefa que realizan en colaboración conUNICEF e os seus aliados locais. A poboación formou grupos de rescate e auxilio nas veciñanzas para acoller os desprazados.  

as familias sirias  refúxianse en escolas e mesquitas

Os mozos están especialmente involucrados na axuda. Algúns deles buscan aquelas persoas que necesitan un lugar onde quedar para levalos ás escolas e mesquitas que se están a utilizar como refuxios. Nun deses lugares coñecín a Oum Mustafa. Ela díxome que tras fuxir coa súa familia da súa casa o mércores, tiveron que pasar a noite nun parque público. E engadiu: "Ao día seguinte, algúns mozos acompañáronnos a unha escola. " Séntome moi afortunada de que as miñas tres fillas, o meu bebé e a miña familia estean comigo". Outra muller refuxiada na escola miraba a súa filla de 9 anos, que durmía sobre un fino colchón no chan. "Alégrome de que estea durmida", dixo. "Xa sabes, non durmimos durante as últimas tres noites, porque o son dos bombardeos e os helicópteros era tan forte que parecía que estaba na nosa casa,". Varias persoas acolleron as familias desprazadas nos seus propios fogares. Pero toda esta xenerosidade está a ser cada vez máis difícil de soster, xa que co peche de moitas tendas, as familias non poden comprar suficientes alimentos, e polo tanto teñen máis problemas para acoller outras persoas.  

UNICEF apoia as familias desprazadas

As condicións nas que se encontran as escolas non son boas. Na que se encontra situada enMasaken Barzeh, unhas 600 persoas contan só con sete baños pequenos. Os recén chegados fan todo o posible por manter a escola limpa, pero necesitan produtos de limpeza. Por esa razón, UNICEF estaos a apoiar mediante a subministración de kits de hixiene que conteñen xampú, toalliñas sanitarias, xabón, toallas e outros artigos de hixiene persoal. En ocasións, tamén os nenos colaboran ante a grave situación que se está a vivir. Encontreime con Maia de 14 anos de idade, que tivera que cambiar de casa dúas veces, xunto cos sete membros da súa familia. Chámase a si mesma unha "experta en hixiene". Os voluntarios estaban tan impresionados cos seus coñecementos que acordaron nomear a Maya o seu representante na escola parasensibilizar sobre a importancia dunha boa hixiene. "Os nenos máis pequenos escóitanme, pero non estou seguro de que o fagan as persoas maiores", di Maya sorrindo. Outro problema é manter os nenos ocupados. Vai demasiada calor para correr no patio e non hai nada co que xogar. Ante esta situación, UNICEF está a proporcionar ás escolas kits de recreo e kits de deporte a través dos seus aliados locais e da Media Lúa Vermella Árabe de Sirya para axudar aos nenos a soportar a situación.