Sirya: 8,6 millóns de vidas de nenos poden quedar destruídas pola violencia

A crise de Sirya representa a maior ameaza para os nenos nos últimos tempos. A finais de 2015, a vida de máis de 8,6 millóns de nenos de toda a rexión terá sido destruída pola violencia e o desprazamento forzoso. Hai tan só un mes, a cifra era de 7 millóns.

A pesar da grande inseguridade e os desafíos que formula un conflito de tal magnitude e brutalidade, dende UNICEF seguimos distribuíndo auga potable, servizos de saneamento, educación, saúde e inmunización e atención psicosocial a millóns de nenos e as súas familias.

Redobramos os nosos esforzos a favor das comunidades pobres dos países veciños, onde os refuxiados se asentaron, para que poidan seguir compartindo os seus servizos básicos e escolas cos nenos refuxiados e as súas familias que viven entre eles.

Sirya: a prioridade é protexer os nenos

De cara a 2015, dende UNICEF queremos renovar o noso compromiso coa supervivencia e a protección dos nenos de Sirya, incluídos os que viven nas máis duras condicións de asedio. En 2015 traballaremos para:

  • Duplicar o número de nenos con acceso a auga potable e saneamento. Farase mediante o fortalecemento das redes e infraestruturas de auga. Só en Sirya, imos seguir respondendo ás continuas necesidades de máis de 16 millóns de persoas.
  • Duplicar o número de nenos con acceso a educación, especialmente en Sirya e Xordania, onde a ampliación da subministración de material didáctico para os nenos que viven en zonas de Sirya se fixo difícil pola violencia.
  • Manter as campañas de vacinación co fin de evitar calquera caso adicional de polio, ao tempo que duplicar o número de nenos en Sirya que se benefician da atención primaria da saúde.
  • Dar atención e apoio a 850.000 nenos directamente afectados polo conflito, á vez que estender as entregas de efectivo e proporcionar roupa de inverno para as familias dos nenos máis vulnerables.
  • Reforzar os esforzos das autoridades locais para proporcionar servizos de educación, saúde, auga e saneamento e protección para os nenos refuxiados e das comunidades de acollida.

Estes compromisos, presupostados en 728 millóns de euros, representan o mínimo indispensable que os nenos afectados polo conflito de Sirya poden esperar de UNICEF e da comunidade internacional no seu conxunto. Facemos un chamamento aos nosos seguidores de todo o mundo para axudarnos a facer realidade estes compromisos.

Se podes, fai un donativo para axudar aos nenos de Sirya.