Sahel: Sadia recupérase da desnutrición

Toma Daboubou, de 22 anos, vive con fillos e o seu marido nun pobo situado entre outeiros rochosos. Pola estrada de terra que chega ao pobo transita un tráfico diario de vacas, camelos, cabras, carros de burros e por ela pasan cada día grupos de mulleres que camiñan coas colleitas de cacahuetes recén recollidos sobre as súas cabezas.

A familia depende principalmente das colleitas de cacahuete, millo, fabas, sementes de sésamo, pero o marido de Toma tamén tivo que buscar traballo como condutor nunha cidade próxima:"O ano pasado, foi moi difícil. Todas as colleitas se estragaron. O pouco que saíu ben llo comeron as pragas de lagostas". Hoxe Toma camiña co seu bebéSadia, de 13 meses, quen se recupera de desnutrición aguda, cara a un centro de nutrición novo que se abriu co apoio de UNICEF e do goberno. A súa nai conta que leva tres meses enferma, e que ao principio acudiu a un curandeiro que lle prescribiu un remedio de raíces e follas. Pero Sadia non mellorou, eToma empezou a estar verdadeiramente asustada: "Pensei que ía morrerse", di.  

“Este centro de saúde e fantástico”, Toma

Toma escoitou falar deste centro cando un equipo de traballadores da saúde visitou o seu pobo para analizar os nenos que sufrían desnutrición. AgoraToma camiña cara á clínica para a revisión mensual de Sadia. "Eu trouxen a miña filla aquí cando tusía e vomitaba. Este centro de saúde é fantástico. Eu xa a trouxen 4 veces e está moito mellor aínda que aínda tose un pouco". Cando chega á clínica, un traballador de saúde explica cun altofalante ás nais os beneficios da boa hixiene e outras prácticas de saúde que poden realizarse na casa, incluído o uso das mosquiteiras. O traballador da saúde suxeita un cartel con diferentes debuxos de alimentos explicando como poden alimentar aos bebés despois de 6 meses delactación materna exclusiva.

Sadia  engordou case un kilo

Nas últimas tres semanas, Sadia engordou case un quilo: "Creo que estes centros dan vida aos nosos fillos. Sadia non podía comer antes de ir ao centro, e agora, dende que imos, faino". Despois de pesar e medir a Sadia e pasar pola consulta da enfermeira, Toma recolle a súa porción de alimento terapéutico da semana paraSadia. É hora de cear cando Toma chega á casa. Con Sadia no seu regazo, prepara a comida da familia. Sadia gatea e xoga: "Antes, non podía sentarse, non podía xogar. Agora hai todas estas cousas! ", di Toma. Cando lle dicimos se ten algunha pregunta para nós, Toma respóndenos: "Este é unha mensaxe para a xente que nos axudou. Quero saudalos e dicirlles queaxudaron a salvar as vidas dos nosos nenos no noso país".