Sahel: conséguese evitar unha catástrofe

Un informe de UNICEF estima en 850.000 o número de nenos que recibiron tratamento contra a desnutrición aguda grave en nove países da rexión do Sahel ao longo deste ano.

UNICEF advertiu en decembro de 2011 que1,1 millón de nenos sufrirían desnutrición aguda grave enSahel e necesitarían unha asistencia especializada. Grazas a unha resposta coordinada levouse a cabo unha das maiores respostas humanitarias na rexión o queconseguiu evitar unha catástrofe."Coa nosa experiencia na rexión sabiamos que nosenfrontariamos a desafíos graves para chegar a todos os nenos" dixo Manuel Fontaine, Director en funcións de UNICEF na rexión. "Evitouse unha gran catástrofe. Pero non deberiamos ser compracentes, porque aínda hai nenos que morren por causas evitables. ""Ademais, a experiencia de 2012 suxírenos que quizais esteamos a subestimar con regularidade o verdadeiro número de nenos que sofren. Todos temos que buscar solucións máis dinámicas para lograr que as comunidades teñan maior capacidade de resistencia e de facer fronte a múltiples impactos", engadiuFontaine.

AS FAMILIAS TARDAN AnOS EN RECUPERARSE

Aínda que parece que as chuvias están a producir mellores colleitas na maior parte da subrexión, as familias poden tardar ata dous anos en recuperarse da perda de animais e de ter que pagar altos prezos polos alimentos durante moito tempo. Ademais, a desnutrición infantil é unha condición que erosiona de forma permanente a capacidade de absorción de nutrientes, aínda cando hai comida dispoñible que é considerada apropiada polos adultos. "Desafortunadamente non existe vacina contra a desnutrición aguda grave, " dixo Fontaine. "Pode que moitos nenos das familias máis pobres do Sahel teñan que enfrontarse a ciclos que regularmente poñerán as súas vidas en perigo. En 2012 o enorme esforzo realizado supuxo que fosemos capaces de brindar os coidados necesarios a cada neno que puido chegar a un centro de tratamento. Pero temos que chegar a unha situación na que existan uns sistemas máis robustos e que os centros de tratamento reciban cada vez menos nenos". Nota: Esta é unha cifra estimativa, que se obtivo tomando como referencia os 730.000 nenos menores de cinco anos que foron tratados dende xaneiro ata finais de setembro