República Democrática do Congo: reducir a malaria co apoio de aliados como Jané

En República Democrática do Congo (RDC), a malaria é a primeira causa de mortalidade nos nenos menores de cinco anos. Contar co apoio de aliados é clave para reducir a súa incidencia. Jané apoia os proxectos de UNICEF na loita contra a malaria e dende 2011 a axuda centrouse neste país africano.

Loitar contra a malaria en RDC é un gran reto. O 97% da poboación vive en zonas de risco, repartidas nun país case cinco veces maior que España. Trátase dunha rexión repleta de ríos que se cruzan por todas as partes, e as súas estradas convértense frecuentemente en pistas de lama debido ás constantes chuvias, o que as fai impracticables.

o reto da distribución das mosquiteiras

"En 2012, a campaña de distribución de mosquiteiras no país alcanzou 25 millóns de persoas. Cinco millóns erannenos e un millón mulleresembarazadas. Síntome orgulloso de ter participado neste resultado", afirma o doutor Jean Bosco Hulute, Especialista de UNICEFna prevención contra a malaria en RDC. "A distribución de mosquiteiras para chegar ás zonas máis illadas supón un gran sacrificio e este ano 2013 temos novos retos que superar", engade.

A empresa Jané uniuse a UNICEFe á loita contra a malaria en 2010, e en tres anos de alianza contribuíron ao traballo da organización cunha cantidade equivalente ao custo de case 100.000 mosquiteiras. Nestes anos conseguíronse avances importantes na redución do impacto desta enfermidade.
 

"orgullosos de contribuir a reducir a mortalidade infantil”

"No ADN de Jané está asumida a necesidade e responsabilidade de sensibilizar a poboación sobre a importancia da prevención e o uso de sistemas de seguridade para reducir os accidentes. Esta característica convértenos nunha organización comprometida coa infancia. Apoiar causas como a loita contra a malaria en países como RDC, e con iso ter a posibilidade de contribuír a reducir a mortalidade infantil, é unha oportunidade da que nos sentimos moi orgullosos, indica Joan Forrellad, Vicepresidente de Jané.

Cada ano morren 660.000 persoas a causa da malaria. As mosquiteiras son a forma máis efectiva para protexer os nenos e as familias da picadura do mosquito que transmite esta enfermidade. Está demostrado que o uso destas mosquiteiras reduce nun 20% os casos de malaria.

"Temos unha vez máis a oportunidade de colaborar e implicar os nosos clientes para que se unan a nós nesta causa. E nesta ocasión permitiranos chegar aínda máis lonxe, xa que a nosa colaboración vai asociada a practicamente todos os cochiños do catálogo de Jané, en venda en todos os países onde estamos presentes. Este ano esperamos achegar fondos equivalentes a 32.000 mosquiteiras impregnadas con insecticida", comentaForrellad.