Queres un mundo sen medo para os nenos? Únete ao noso movemento contra a violencia infantil!

Este vídeo baséase na historia real de Ben, un neno de 10 anos, de Eldoret, Kenya, que foi vítima de violencia por parte do seu pai. Agora grazas a UNICEF está a recibir o apoio que necesita.

Como el, ao redor de 6 de cada 10 neno
s do mundo de 2 a 14 anos (uns 1.000 millóns) sufriron de xeito periódico castigos corporais ás mans dos seus coidadores en 2012.

No mesmo ano, case unha cuarta parte das nenas de 15 a 19 anos do mundo (uns 70 millóns de nenas) dixo ter sido obxecto dalgunha forma de violencia física. Ademais, o número de nenos e adolescentes menores de 20 anos que foron vítimas de homicidio chegou a 95.000.

As cifras da violencia infantil son arrepiantes. Pero, malia que a violencia contra os nenos é un fenómeno xeneralizado, non é inevitable. A súa eliminación é unha responsabilidade que compartimos todos. Por iso puxemos en marcha o movemento polo fin da violencia infantil.
 

#STOPViolenciainfantil: eliminar a violencia contra nenos está nas nosas máns

Queremos denunciar a falta de protección e as actitudes e normas sociais que xustifican actos de violencia contra os nenos. Co noso movemento queremos crear un ámbito no que ningunha forma de violencia se considere normal nin quede impune.

Se ti tampouco queres tolerar que un só neno máis sufra os efectos da violencia,
súmate. Acórdate tamén de animar as túas amizades e contactos a sumarse ao movemento para lograr ter máis forza contra a violencia infantil. Comparte a web nas túas redes sociais co hashtag: #STOPViolenciainfantil