Progresos para a infancia en Haití

Case tres anos despois do terremoto de Haití, os resultados preliminares dunha nova enquisa nacional de fogares presentada hoxe mostran un importante avance en favor da infancia nos sectores da educación, a nutrición, a saúde e o saneamento dende 2006.

De acordo cos primeiros resultados da Enquisa de Demografía e Saúde de Haití (DHS), que abrangue 13.350 fogares,o 77% dos nenos de 6 a 11 anos asistiron á escola primaria en 2012, en comparación con pouco menos do 50% no período 2005-2006, cando se levou a cabo a última enquisa. A desnutrición aguda entre os nenos de 6 a 59 meses reduciuse á metade, do 10% ao 5%, e a desnutrición crónica reduciuse do 29% ao 22% entre 2005-2006 e 2012."Os resultados da enquisa mostran que os esforzos dos socios en Haití nestes tres anos contribuíron a alcanzar progresos en moitos sectores e a mitigar as consecuencias que tiveron sobre os nenos o terremoto de 2010, o brote de cólera e outras catástrofes," dixoEdouard Beigbeder, Representante deUNICEF en Haití. "Estes resultados requiren un compromiso permanente para axudar ao país a manter estes logros ao mesmo tempo que se abordan os retos actuais e as esferas en que o progreso se atrasou", dixo. Segundo as novas estimacións, a taxa de mortalidade de menores de 5 anos, que é de 88 mortes infantís por cada 1.000 nacidos vivos, rexistrou unha tendencia á baixa nos últimos 15 anos, xa que era de 112 en 1997-2001 e de 96 de 2002-2006. O acceso a fontes melloradas de auga mantívose nun 65%, mentres que o 82% dos residentes nos campamentos de desprazados internos teñen acceso a fontes melloradas de auga. O acceso a servizos mellorados de saneamento case duplicouse do 14% en 2005-2006 ao 26% en 2012.  

Enquisa de Demografía e Saúde

A Enquisa de Demografía e Saúde de 2012 de Haití calcula os indicadores socioeconómicos, demográficos e de saúde para toda a poboación haitiana, incluídas as mulleres en idade de procrear, os nenos menores de 5 anos, ou os homes con idades comprendidas entre os 15 e os 59 anos. As últimas enquisas realizáronse entre outubro de 2005 e xuño de 2006. Por primeira vez en Haití, a enquisa, que se combinou cunha Enquisa de Indicadores Múltiples por Conglomerados, reflicte datos sobre as medidas de disciplina que se imparten aos nenos. Tamén é a primeira enquisa demográfica a nivel nacional que destaca a situación das persoas internamente desprazadas que viven en campamentos debido á destrución causada polo terremoto. A Enquisa de Demografía e Saúde de 2012 foi levada a cabo poloInstitut Haitien de l'Enfance, baixo a dirección xeral do Ministerio de Poboación e Saúde Pública, e recibiu apoio da Axencia de Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional, UNICEF, o Fondo de Poboación das Nacións Unidas, a Axencia Canadense para o Desenvolvemento Internacional e o Fondo Mundial de Loita contra a SIDA, a Tuberculose e o Paludismo.