Pouco tempo para evitar un desastre en Sahel

UNICEF advirte de que hai pouco tempo para evitar un desastre ao que se enfrontan máis dun millón de nenos menores de cinco anos na rexión africana do Sahel. A chegada da tempada de seca nos oito países afectados é inminente. Para UNICEF, este período caracterizarase polo aumento do número de nenos en centros de alimentación que necesitan un tratamento para salvar as súas vidas.

"Un desastre múltiple axexa os nenos no Sahel", advertiu o Director Rexional deUNICEF, David Gressly. "Mesmo no mellor dos escenarios prevemos que máis dun millón de nenos con desnutrición aguda grave chegarán aos centros de alimentación durante os próximos seis meses. Se se dan unhas condicións máis extremas, esta cifra podería alcanzar 1,5 millóns, e os fondos seguen sen chegar ao ritmo necesario para unha preparación axeitada que dea resposta ás necesidades", engadiu. Ata agora, UNICEF recibiu 24 millóns de dólares (case 18,4 millóns de euros), fronte aos 119 millóns de dólares (91,1 millóns de euros) que se necesitan para 2012, recollidos no chamamento da emerxencia. Os gobernos, UNICEF, outras axencias de Nacións Unidas e organismos de axuda internacional están a responder a unha crise causada pola escaseza de chuvias e as malas colleitas que afectan a uns 10 millóns de persoas en zonas de Chad, Burkina Faso, Mauritania, Malí, Níxer, onorte de Nixeria, Camerún e zonas do norte de Senegal. O conflito enMalí, que provocou que moitas persoas fuxan dos seus fogares, incrementou a demanda de axuda de emerxencia tanto en Malí coma nos países veciños que recibiron os refuxiados. "O agravamento dos combates en Malí, así como a grave inseguridade nonorte de Nixeria e outros países, está a complicar a operación de axuda. Sen unha boa resposta de emerxencia e un esforzo sostido para reducir o risco a medio e longo prazo, unha xeración enteira enfróntase a un futuro de dependencia, pobreza e supervivencia ameazada, dixo Gressly.