A pobreza infantil en España, entre as máis altas dos países industrializados

UNICEF España pon en marcha unha recollida de firmas para reclamar que se cumpran os compromisos adquiridos na loita contra a pobreza infantil

A taxa de pobreza infantil en España é unha das máis altas dos países industrializados, só superada por Letonia, Estados Unidos e Romanía, segundo un estudo sobre benestar infantil realizado en 29 países pola Oficina de Investigación de UNICEF con datos da primeira década do século XXI.

O informe Report Card nº 11: Benestar infantil nos países ricos mide a situación da infancia nas 29 economías máis avanzadas do mundo de acordo con cinco dimensións clave na vida dos nenos: benestar material, saúde e seguridade, educación, condutas e riscos, e vivenda e medio.

"En España, en torno ao 20% dos nenos viven en fogares cuns ingresos un 50% por debaixo da renda media, que son uns 14.000 euros anuais para unha familia de 4 membros. Ademais, a brecha de pobreza infantil (distancia entre a liña de pobreza nacional e os ingresos medios das familias por debaixo da liña de pobreza) elévase a case un 40% ", sinalou Goran Holmqvist, Director Adxunto da Oficina de Investigación deUNICEF, durante a presentación do informe hoxe en Madrid.

Para Holmqvist, resulta especialmente preocupante a posición de España en dúas das cinco dimensións que se analizan: benestar material (24º de 29) e educación (26º de 29). Ademais doespectacular incremento da TaxaNEET (a proporción de mozos de entre 15 e 19 anos que non cursan estudos nin están a traballar) dende o inicio da crise en 2007.

"Se comparamos os indicadores dispoñibles entre principios e finais da década de 2000, España perdeu 5 posicións na táboa clasificatoria, e en parte se debe "á alta taxa de mozos que nin estudan nin traballan", engadiu.

a pobreza infantil non é inevitable

A conclusión principal do estudo é que a pobreza infantil nestes países non é inevitable, senón que é sensible ás políticas sociais e a distribución de ingresos, e que determinados países protexen mellor que outros aos nenos máis vulnerables.

Non son necesarios grandes investimentos, xa que, segundo o estudo, non existe unha relación directa entre o PIB per cápita e o benestar xeral dos nenos. Por exemplo, Eslovenia está mellor clasificada que Canadá; a República Checa, mellor que Austria; e Portugal, mellor que os Estados Unidos.

"Non investir nos nenos é endebedarse para o futuro. E os nenos sófreno agora. A redución da pobreza infantil debe ser unha prioridade", valorou Holmqvist.

Os nenos con peores niveis de benestar sofren as consecuencias o resto das súas vidas. Intentar atallar ou mitigar o impacto das secuelas no futuro é máis difícil, máis custoso e ten menos probabilidades de ter éxito. De aí que as intervencións na primeira infancia sexan cruciais e deban ser apoiadas por medidas na etapa escolar para non perder os avances feitos ao principio.

Neste sentido, o Director Executivo de UNICEF España,Javier Martos, descartou o risco dunha "xeración perdida" debido á crise. "Os mozos son o presente e o motor que nos vai sacar da crise. A educación, a formación e a capacitación deben ser un elemento clave para iso".
 

os nenos se séntense satisfeitos coa súa vida

No lado positivo, chama a atención que España segue sendo un dos países no que os nenos seguen manifestando unha maior satisfacción coa súa vida e unha positiva percepción das súas relacións cos seus pais e compañeiros. Ademais,melloráronse algúns aspectos do benestar dos nenos, como a posesión de determinados bens ou o descenso no consumo de alcohol e tabaco.
 
Como recordou a Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, o lanzamento do Report Card n.º 11: Benestar infantil nos países ricos prodúcese apenas uns días despois de que o Goberno aprobe doPlan Nacional de Infancia e Adolescencia (PENIA).
 
"É un gran paso, pero requírense moitos máis", valorou. "Para dar un salto cualitativo,requírese o compromiso de todos: autoridades e sociedade. Xogámonos non só o presente, senón ofuturo como país", engadiu Javier Martos.

Recollida de firmas contra a pobreza infantil

En 2010 o goberno de España comprometeuse ante a Unión Europea a reducir en 250.000 o número de nenos en situación de pobreza ata 2020, pero o número de nenos e nenas pobres segue aumentando. En 2012 o noso país asumiu que a pobreza infantil sería unha prioridade nos plans de acción que están a elaborar pola inclusión social e o apoio ás familias.

Por esa razón,UNICEF España lanza hoxe unha acción de recollida de firmas á que se pode sumar calquera persoa para instar os responsables políticos e as administracións públicas que cumpran estes compromisos coa infancia en España: garantindo os recursos suficientes para os fogares con nenos, proporcionando servizos de calidade e involucrando os propios nenos e as súas familias no deseño das medidas.