Pneumonía e diarrea, causas de mortalidade infantil

Un novo informe de UNICEF resalta o enorme potencial que centrarse na pneumonía e a diarrea- as dúas principais causas de mortalidade de nenos menores de cinco anos- ten para reducir a brecha de supervivencia infantil entre os máis ricos e os máis pobres.

"Sabemos o que funciona contra a pneumonía e adiarrea - as dúas enfermidades que golpean conmáis dureza aos máis pobres", dixo Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "A ampliación de intervencións sinxelas poderían superar dous dos maiores obstáculos para aumentar a supervivencia infantil, axudar a dar a cada neno unha oportunidade xusta para crecer e prosperar".

2 millóns de nenos morren ao ano por diarrea e  pneumonía

A pneumonía e a diarrea son a causa de aproximadamente un terzo das mortes de nenos menores de cinco anos a nivel mundial - oumáis de 2 millóns de vidas cada ano. Case o 90 por cento das mortes por pneumonía e diarrea prodúcense enÁfrica subsahariana e sur de Asia, de acordo co informe Pneumonía e diarrea: loita contra as enfermidades máis mortíferas para os nenos máis pobres do mundo.  

A prevención e os tratamentos para ambas as dúas enfermidades a miúdo superpóñense e inclúen medidas tan básicas como incrementar a cobertura de vacinas, fomentar a lactación materna e olavado de mans con xabón, a ampliación do acceso á auga potable e saneamento, a distribución de sales de rehidratación oral aos nenos con diarrea eantibióticos aos nenos con pneumonía bacteriana.O potencial para salvar a vida dos nenos é enormese se aumentan as intervencións probadas e efectivas para a pneumonía e a diarrea ata chegar aos nenos máis desfavorecidos. O informe afirma que as vidas de máis de 2 millóns de nenos poderían salvarse nos 75 países con maior índice de mortalidade se toda a poboación de nenos menores de cinco anos de cada país recibise a cobertura xa alcanzada polo 20 por cento máis rico deses países.  

Necesidade de ampliar as intervencións

Nos países en desenvolvemento, os pobres teñen menos probabilidades que os ricos de recibir estas intervencións que salvan vidas.Menos dun terzo dos nenos con pneumonía recibenantibióticos e só un terzo dos nenos que sofren diarrea reciben sales de rehidratación oral.Unha das formas máis simples e efectivas para protexer os bebés das enfermidades é a lactación materna exclusiva. Non obstante, menos do 40 por cento dos nenos menores de seis meses nos países en desenvolvemento reciben leite materno exclusivamente.O informe mostra que a maioría dos países de baixos ingresos introduciron a vacina contra o Haemophilus influenzatipo b (Hib). Ademais, estímase que os países de baixos ingresos necesitan con urxencia introducir as vacinasantineumocócicas combinadasnos programas rutineiros de inmunización.  

As innovacións tamén axudan na loita pola supervivencia. O cinc e as pastillas de amoxicilina, feitas especificamente para nenos, e sales de rehidratación oral con sabores son máis agradables aos nenos. Ademais, os novos usos da tecnoloxía móbil e os SMS permiten aos traballadores da saúde chegar ás comunidades remotas e outras áreas onde os nenos corren un maior risco. "A innovación axudou a salvar millóns de vidas, pode e vai salvar a moitas máis", dixo Lake. O informe de UNICEF publícase pouco antes da posta en marcha dunha importante iniciativa global sobre supervivencia infantil en Washington DC, os días 14 e 15 de xuño, convocada polos gobernos de Etiopía, India e Estados Unidos con 700 líderes e expertos mundiais do goberno, o sector privado e a sociedade civil.