Pau Gasol: "Non podemos quedar de brazos cruzados"

O Embaixador de UNICEF Pau Gasol mantén aberto 'O Proxecto de Pau' á colaboración de todos aqueles que queiran contribuír ao traballo de UNICEF na emerxencia nutricional do Corno de África. O xogador de baloncesto decidiu orientar a súa iniciativa 'O Proxecto de Pau' a conseguir máis apoios na loita contra a fame e, para iso, comprometeuse a realizar unha doazón de mil euros por cada punto que anotase no último partido de preparación do Eurobasket Lituania 2011, que tivo lugar o venres 26 de agosto.

Máis alá desta achega, Pau Gasol quere manter a súa iniciativa 'O Proxecto de Pau' aberta á participación de todos aqueles que queiran colaborar enviando a palabra SOS ao 28028. CadaSMS supón unha axuda de 1,20 euros, cantidade coa que se pode cubrir o custo do tratamento dun día para un neno con desnutrición. Tamén se pode contribuír a través desta web, onde existen distintas formas de colaboración.Pau Gasol, Embaixador de UNICEF España dende 2003, puxo en marcha esta acción específica convencido, como sinalou, de que "non podemos quedar de brazos cruzados ante esta situación. Miles de nenos morreron e a vida de centos de miles está en perigo". A emerxencia nutricional que vive o Corno de África afecta sobre todo aos nenos: 600.000 sofren desnutrición con risco inminente para as súas vidas. UNICEF traballa en todas as áreas que salvan vidas nos campos de desprazados, nas comunidades, rexións limítrofes e no Sur de Somalia. A crise ten a súa orixe na coincidencia da peor seca da rexión nos últimos 50 anos, o incremento dos prezos dos alimentos, os efectos do longo conflito armado en Somalia e un dos máis intensos fluxos de refuxiados de Somalia cara a Kenya e Etiopía.UNICEF desenvolve accións masivas en nutrición e saúde, auga e saneamento e protección infantil. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é o principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue curar a desnutrición. Á parte da distribución de subministracións vitais, UNICEF brinda apoio a centros de estabilización nutricional, realiza campañas de vacinación, facilita o acceso á auga potable e establece espazos de protección para os nenos.
‘o Proxecto de Pau’
A iniciativa'O Proxecto de Pau' púxose en marcha con dous obxectivos:conseguir que cada vez máis nenos poidan ir á escola e loitar contra a desnutrición en África. Grazas ás doazóns de Pau Gasol e doutros doadores, esta iniciativa xa conseguiu fondos para tres fins en Etiopía:
  • Construír e poñer en marcha sete escolas para uns mil nenos que viven en situación de pobreza ou en comunidades illadas e remotas.
  • Distribuír cadeiras especiais para 20 nenos con minusvalideces .
  • Fortalecer programas para a prevención e o tratamento da desnutrición.
En xullo de 2010, Gasolcoñeceu directamente no sur de Etiopía a situación dos nenos conproblemas de nutrición e otraballo que UNICEF desenvolve, xunto con organismos públicos, comunidades e ONG, para previr a desnutrición e prestar o axeitado tratamento aos nenos que a sofren.