Os nenos de Sirya desprazados gozan das actividades recreativas apoiadas por UNICEF

Amanda, de 7 anos, come flocos de millo mentres fai unha pausa nas actividades recreativas programadas para os nenos desprazados na Gobernación de Tartus, ao leste de Sirya, onde se estima que viven ao redor de 4.000 familias desprazadas, a maioría en comunidades de acollida.

Amanda vive cos seus pais e a súa irmá maior nunha casa alugada. O ano pasado, asistiu ao primeiro grao na escola, e está a esperar a que empece o novo curso escolar. Gústame ir ao colexio, di, a pesar de que bota de menos os seus amigos de Homs e a súa antiga casa.

Amanda e a súa irmá acoden a un centro enMashta ao Helo dirixido por un aliado de UNICEF. Alí fan deporte e asisten a sesións de sensibilización sobre temas como hixiene, seguridade nas rúas e comportamento social. Ademais, un psicólogo especialista está dispoñible para que os nenos acudan a el sempre que o necesiten.Trátase de actividades que axudan a diminuír o estrés que estes nenos acumularon durante o conflito.

Hai pouco, os nenos fixeron uns debuxos e pegáronos uns xunto a outros, creando un mosaico de cores. O debuxo de Amanda é optimista, cun corazón, flores, un paxaro e unha posta de sol sobre un ceo azul. "Gústame pintar e facer debuxos, e gústame facelo xunto a outros nenos", di Amanda.

No centro ao queAmanda e outros nenos acoden, ofrécense clases de apoio e recuperación, así comoclases de árabe, inglés, francés e matemáticas.Trátase dun programa que ten como obxectivo chegar a uns 52.000 nenos..