Operacións de emerxencia no Corno de África

Case 720.000 nenos corren o risco de morrer se non reciben asistencia urxente no Corno de África. En total, estímase que hai 2,23 millóns de nenos con desnutrición aguda en Etiopía, Kenya e Somalia.

Estamos a preparar os nosos equipos de loxística para subministrar un número sen precedentes de subministracións terapéuticas esuplementos alimenticios en todo o Corno", asegurou Shanelle Hall, Directora da División de Subministracións de UNICEF. "Se queremos salvar vidas, necesitamos actuar agora para traer cantidades importantes de medicinas, vacúas, subministracións nutricionais á rexión tan pronto como sexa posible e logo subministralos aos nenos que máis o necesitan", engadiu.

As subministracións almacenadas na rexión xa foron utilizadas para apoiar os nenos das comunidades remotas afectadas pola seca, así como os nenos que se encontran encampamentos de refuxiados e de desprazados internos, dixo Hall.UNICEF traballa cos seus aliados no terreo para ver como se poden ampliar asoperacións actuais e crear oportunidades como os días dedicados á saúde infantil que se celebran asiduamente en moitas partes da rexión.

"UNICEF está a usar todos os medios posibles para chegar a cada neno. Pero non abonda só co compromiso de manter os nenos e as súas familias con vida", afirmouElhadj As Sy, Director Rexional deUNICEF para o Leste e Sur de África. "Cada vida conta e non podemos permitirnos perder máis vidas nesta crise. "

RespOsta de UNICEF

No que levamos de mes,UNICEF subministrou por avión, con camións e barcos, 1.300 toneladas de subministracións vitais a algunhas das áreas máis azoutadas do sur de Somalia, incluíndo subministracións terapéuticas para tratar máis de 66.000nenos desnutridos.

Nos seguintes meses,UNICEF ampliará os centros de nutrición para chegar a 240.000 nenos e estender as súas tarefas para chegar a máis nenos e as súas familias. Dende Etiopía, UNICEF entregou materiais de emerxencia por valor de 1,2 millóns de dólares á rexión somalí, e UNICEF Kenya proporcionou aos seus aliados 1,4 millóns de dólares en materiais dirixidos aos nenos que se encontran en campamentos e nas áreas afectadas pola seca.

Ademais, distribuíronse por avión mosquiteiras tratadas con insecticidas para previr a malaria emedicinas, incluíndo vacinas, para apoiar campañas masivas de vacinación nas próximas semanas, co fin de previr un brote da enfermidade. Para ampliar a provisión de auga potable e o acceso a servizos de saneamento, vanse perforar e rehabilitar pozos e aumentará o transporte de auga así como as actividades de promoción de hixiene.

Necesidade de fondos

"Apreciamos a xenerosidade da comunidade internacional e aquelas contribucións que marcaron a diferenza. Pero necesitamos de xeito urxente máis fondos para suplir as enormes necesidades que hai. Cada minuto que pasa sen apoio vital representa a diferenza entre a vida e a morte" engadiu Sy.

UNICEF estima que necesitará 100 millóns de dólares durante os próximos seis meses para aumentar de xeito importante as operacións de prevención e asistencia de emerxencia aos nenos que viven nas zonas afectadas pola seca.