O "mellor" campo de refuxiados do mundo

Post de Ara Yoo, UNICEF UK

Era venres, o primeiro día da semana aquí en Xordania. Reunímonos nove compañeiros ás 7 da mañá na oficina para viaxar a Za'atari, un campo de refuxiados ao norte de Xordania. aoa 

A pesar do temperán que era, había un espírito moi animado no minibús. Porque despois de todo, iamos ter 10 minutos para ensinar ao Secretario Xeral de Nacións Unidas, BanKi-moon un proxecto apoiado porUNICEF. E esa é unha gran responsabilidade. Chegamos alí un pouco máis tarde das 8 da mañá, xa que está máis ou menos a unha hora e vinte minutos de distancia. Ía frío. Debía facer uns 7 graos, pero debido ao vento, a sensación térmica era máis baixa. Fomos a facer unha rápida revisión do lugar antes da chegada do Secretario Xeral. Había un grupo de nenos, de entre 3 e 10 anos, cantando e xogando nunha roda na entrada dunha das carpas que acollen unEspazo Amigo da Infancia.A maioría deles levaban só xerséis finos, sen abrigos enriba. E aínda peor que iso, todos eles levaban sandalias sen calcetíns. Había unha nena pequena de dous anos que estaba sentada nunha roda comendo un anaco de pan e levaba só uns calcetíns de cor verde. Sentinme culpable. Eu ía vestida cunha chaqueta, botas de coiro e moitas capas; sentinme inapropiadamente vestidadiante deles. Pero a verdade é que os que estaban inapropiadamente vestidos para esa temperatura eran estes nenos.  

O peor de todo é quedurmiran en carpas, a unha temperatura por debaixo dos cero graos. Así que mentres os vía dar palmas e cantar, non puiden evitar sentirme triste. Oíra nalgún sitio que este era o mellor campo de refuxiados do mundo. Se os nenos dormen no chan, nunha carpa, en temperaturas por debaixo dos cero graos e levan sandalias de plástico en inverno, está moi lonxe de ser "o mellor do mundo".Pouco despois, dous helicópteros chegaron ao campo de refuxiados e comezou a visita.(UNICEF está a distribuír roupa de inverno para nenos nos 5 países afectados pola emerxencia de Sirya. Fíxose un chamamento aos aliados que poidan apoiar con fondos ou roupa para protexer estes nenos.) Este blog foi escrito dende Xordania por Ara Yoo, que no pasado formou parte do equipo de UNICEF España e agora traballa para UNICEF UK. Actualmente está a apoiar a emerxencia en Sirya dende a oficina deUNICEF en Xordania.