O Hotel Pintor El Greco de Toledo súmase á iniciativa Hoteis Amigos de UNICEF

O Hotel Pintor El Greco uniuse á iniciativa  Hoteis Amigos  de UNICEF, converténdose así no segundo establecemento que se suma a este programa en Toledo.

Hoteis Amigos ten como metas principais: a captación de fondos corporativos, así como de clientes e empregados e outros grupos de interese; e a transmisión da mensaxe de UNICEF sobre a protección da infancia e a loita contra a explotación sexual infantil.

A forma de captación que se levará a cabo entre os clientes é adoazón de 1 euro, que estará incluído por defecto na factura. Así mesmo, existirá a opción de doar nasreservas on line. A achega destinarase á esfera prioritaria de UNICEF de
protección infantil.

Ademais, o hotel comprométese a participar en accións desensibilización e captación con empregados, acolaborar con UNICEF Comité Español na difusión de chamamentos de emerxencia e adifundir a situación da infanciae o labor que realiza UNICEF no ámbito da protección, a través das súas canles de comunicación habituais.

Hoteis Amigos é unha iniciativa de UNICEF Comité Español co sector turístico para aprotección da infancia, e en particular para aloita contra a explotación sexual comercial infantil nas viaxes. As empresas do sector turístico convértense en actores sociais que colaboran con UNICEF en programas de protección e defens
a dos dereitos dos nenos.