O Hotel Cordial Mogán Playa en Canarias súmase á iniciativa Hoteis Amigos

O Hotel Cordial Mogán Playa sumouse á iniciativa Hoteis Amigos de UNICEF Comité Español, comprometéndose así a colaborar cos programas de protección e defensa dos dereitos da infancia.

Os clientes que se aloxen no Hotel CordialMogán Playa recibirán información da iniciativa nada máis chegar ao hotel, e serán invitados a achegar 1 euro no momento en que realicen ocheck out(rexistro de saída).

Ademais, durante este ano, os empregados do establecemento quixeron apoiar os programas de UNICEF a favor da infancia máis vulnerable mediante a Nómina Solidaria, destinando mensualmente unha cantidade desta.

Todos os fondos conseguidos se destinan aos programas de protección de UNICEF na loita contra a explotación sexual comercial infantil no sector turístico. Estímase que entre 500 millóns e 1.500 millóns de nenos e nenas son vítimas de violencia e ao redor de 1,8 millóns de nenos sofren explotación sexual.

Mediante a firma dun convenio, o Director Xeral de Cordial Canarias, Nicolás Villalobos, manifestou o compromiso do hotel á hora de participar en todas as accións de sensibilización e captación de fondos relacionadas coa iniciativa.

Mentres, a Presidenta deUNICEF Comité Canarias, NereidaCastro, subliñou o papel do sector turístico como plataforma de comunicación e mobilización de clientes e empregados, e animounos a formar parte do movemento de respecto e promoción dos dereitos da infancia.