O Duque e a Duquesa de Cambridge apoian a emerxencia no Leste de África

O Duque e a Duquesa de Cambridge realizaron unha visita especial ao Centro de Subministracións de UNICEF en Copenhaguen para chamar a atención sobre a desesperada situación dos nenos no leste de África. 320.000 nenos están tan gravemente desnutridos que se encontran en risco inminente de morrer de fame se non chega axuda urxente.

O Centro de Subministracións de UNICEFconta cun almacén no seu interior do tamaño de tres campos de fútbol. Almacena, envasa e distribúe subministracións esenciais para os nenos de todo o mundo, incluíndo alimentos, auga, subministracións nutricionais especiais para os nenos máis desnutridos, vacinas e material médico de urxencia. O Duque e a Duquesa de Cambridgeestiveron acompañados durante a visita polo Príncipe Herdeiro e a Princesa de Dinamarca. Peter Haley, Responsable de Nutrición deUNICEF en Somalia, informou ambas as dúas parellas sobre a desesperada situación que sofre a rexión.Hailey faloulles acerca da realidade que viven moitos nenos e os seus pais, que con frecuencia deben camiñar ata 25 días para encontrar alimentos.  

[]Posteriormentepresenciaron como se almacenan e empaquetan as subministracións para ser enviados ao leste de África. Ademais coñeceron catro traballadores que os mostraron como se empaquetan as subministracións médicas que incluían medicinas esenciais e equipos cirúrxicos de emerxencia. As parellas reais sumáronse á liña de empaquetado e axudaron os traballadores a preparar kits sanitarios de emerxencia. Cada caixa ten capacidade para subministrar material vital para máis de 1.000 persoas.

A continuación o Duque e a Duquesa, xunto ao Príncipe Herdeiro e a Princesa Herdeira, visitaron o almacén, onde puideron ver a gran variedade de subministracións que son enviadas ás emerxencias de todo o mundo.

Ao final da visita o Duque de Cambridge asegurou que "se está a facer un labor incrible. UNICEF está a liderar o camiño e está facendo un traballo fantástico, pero desgraciadamente tense que facer moito máis, e por iso estamos hoxe aquí. "

A Duquesa deCambridge referiuse ás razóns que motivaron a visita, asegurando que "realmente esperamos que se poña o foco sobre esta crise. " Posteriormente o Duque de Cambridgerealizou unha emocionada petición: "aquel que poida facer algo por axudar, por favor, que o faga. " A continuación, o Duque e a Duquesa trasladáronse ao Aeroporto de Copenhaguen para ver como eran almacenados as subministracións nos avións de British Airways eUPS que os traslada a Nairobi.

Para responder ás necesidades dos nenos no leste de África durante 2011,UNICEF necesita aínda 40 millóns de dólares (29,07 millóns de euros). As necesidades financeiras para 2012 son de 402,8 millóns de dólares (292,82 millóns de euros), incluíndo 300 millóns de dólares (218,14 millóns de euros) para UNICEF Somalia, co fin de asegurar que continua a subministración de alimentos terapéuticos e suplementarios.