O diario ABC dedica a súa acción solidaria de Nadal a prol de UNICEF

Durante a presentación da revista Xtra Navidad 2012, ABC desvelou a súa acción solidaria a prol de UNICEF. Trátase dunha poxa de obxectos e experiencias que cederon numerosos personaxes públicos e empresas de distintos ámbitos para colaborar nesta acción.

Unha fotografía orixinal de Isabel Muñoz, unha lámina orixinal de Pocoyó, pezas de roupa de María Valverde, unha gorra asinada deFernando Alonso, ou unha pluma estilográfica da colección de Teresa Viejo son algúns dos obxectos dispoñibles. "Podes puxar por calquera deles. E o mellor, coa garantía de que gañes ou non a poxa, todos teremos gañado coa túa poxa, declarou Juana Estévez, Directora Comercial de ABC.Andrés Conde, Director de Mercadotecnia de UNICEF España destacou no acto o papel dos medios de comunicación na difusión e implicación nas campañas de UNICEF e agradeceu a ABC a organización desta poxa animando a todos a participar en: http://www.abc.es/informacion/subastasolidaria/ Os fondos que se obteñan con esta acción irán destinados aos programas de UNICEF a favor da infancia máis vulnerable.