Novo informe ODM: logros que demostran que é posible

Post de Sara Collantes, Responsable de Políticas de Infancia e Desenvolvemento de UNICEF Comité Español.

Os ODM foron o plan global máis exitoso na loita contra a pobreza da historia. No ano 2000, nun esforzo sen precedentes, os gobernos do mundo lograron entenderse e fixar uns obxectivos mínimos que debían cumprirse ata 2015.

Trece anos despois estamos a recoller froitos. O noso mundo foi testemuña de logros históricos, impensables para moitas xeracións que pasaron pola vida sen un mínimo de dignidade e oportunidades. Por iso, agora non podemos parar.

Reducimos o número de persoas que viven con menos de 1.25 dólares ao día e rematar coa fame está agora ao alcance da nosa man. Millóns de nenas xa van á escola, poboacións enteiras por fin teñen acceso a auga potable e 14.000 nenos menos morren ao día.
 
HAi MoitO POR fACER AiNda
Quedan retos, si. E moitos. Pero por iso non deixemos de celebrar os logros, que nos demostran que o avance É POSIBLE.

Como cada ano,o Informe dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) avalía os aspectos nos que avanzamos e onde temos que redobrar esforzos para achegarnos ás metas fixadas. Sobre todo agora, a menos de 1000 días da data límite.

Unha vez máis, un sinal de alarma colócase no capítulo da desigualdade. As diferenzas persisten entre os países e, á súa vez,no interior dos países. Nas comunidades rurais deBolivia, por exemplo, a taxa de mortalidade infantil supera nun 70% a das cidades. Feitos como este seguen marcando a diferenza no mundo. En países como o noso, a desigualdade mídese principalmente en termos de ingresos, sendo impensable entendela en termos de supervivencia infantil (que os nenos cheguen a cumprir 5 anos).

A igualdade entre homes e mulleres e entre nenos e nenas é outra das grandes materias pendentes. E non é a única. No mundo, aínda hai 2.500 millóns de persoas sen instalacións básicas de saneamento como latrinas, algo elemental para a dignidade humana. Ao medio tampouco nolo tomamos en serio e as cifras mortalidade en mulleres como consecuencia do parto son arrepiantes. Sobre todo, cando pensamos no doado que é evitalo en países como o noso.
 
O informe recórdanos que dous anos dan para moito.É fundamental que poñamos todo o empeño en cumprir osODM, tal e como se definiron no ano 2000. Se non, os novos plans que xurdan para despois do 2015 e que xa se están a discutir en todo o mundo, teñen todas as papeletas de nacer con data de caducidade anticipada.

Nas nosas mans está. Todos nos comprometemos a poñer esforzo e recursos para que todo isto fose posible, para que un día a eiva da mortalidade infantil sexa un pesadelo con final. É posible conseguilo.Agora non podemos parar! Deixa a túa firma en apoio da nosa campaña a favor da AOD.