Nixeria: #BringBackOurGirls

Hoxe cúmprese un mes do secuestro de máis de 200 nenas en Nixeria: unha aldraxe e unha violación de dous dereitos fundamentais dos nenos: á educación e á protección.

 

UNICEF xa pediu publicamente e de forma reiterada aos secuestradores para que as devolvan de inmediato sas e salvas ás súas familias. E non se trata dun feito illado. A UNICEF preocúpalle os constantesataques a escolas en Nixeria, onde 10 millóns de nenos están fóra do colexio. O maior número de nenos sen escolarizar de todo o mundo.1 de cada 3 nenos en idade de asistir aEducación Primaria non está matriculado na escola. no caso da Educación Secundaria é 1 de cada 4.En Nixeria, o dobre de nenas que nenosestán fóra da escola e nalgunhas partes do país só o 5% das mulleres novas máis pobres sabe ler e escribir. Por iso, é especialmente doloroso que os secuestradores aleguen que as nenas foron secuestradas para impedirlles asistir á escola. Nestas circunstancias, en que ducias de escolas foron atacadas ou queimadas, é extremadamente difícil oacceso á educación. Só nos últimos tres meses15.000 nenos do norte de Nixeria deixaron de ir a clase.

Trata de nenAS: 1,2 MILLóNS DE NenOS CAEN EN MANS DE REDES DE TRATA CADA AnO

O secuestro destas nenas xerou unha onda de apoio masivo en todo o mundo, e visibilizado un problema que acontece todos os días. Cada ano, 1,2 millóns de nenos cae en mans de redes de trata de persoas. A maioría son captadas para serprostituídos ou explotados sexualmente.Se se fai un cálculo rápido, o dato que resulta é terrible: cada día 329 nenas, nenos e adolescentes cae en redes de trata de persoas. O tráfico e a trata de menores éfrecuente, como tamén o son os actos violentos contra escolas e estudantes en varios países do mundo. Nos últimos anos rexistráronse ataques a centros escolares, docentes e estudantes de 40 países. Por iso dende UNICEFseguimos pedindo que as nenas secuestradas en Nixeria sexan liberadas e se devolva ás súas casas: #BringBackOurGirls, pídese ao longo de todo o mundo. Axúdanos a protexer os nenos e nenas para evitar que caian no abuso, a explotación e a violencia!