Níxer: empeora a crise alimentaria, os nenos os máis afectados

Chris Tidey, Especialista en Comunicación de UNICEF, viaxou a Níxer para avaliar a situación que están a vivir as familias, especialmente nenos e mulleres, na rexión do Sahel debido á intensificación da crise alimentaria.

Post de Chris TideyCamiñando pola sala de coidados intensivos, chámame a atención a sobrecarga sensorial -berros de nenos procedentes de todas as direccións, o atafego do persoal médico ao meu arredor e unhaesgotadora calor que supera os 40 graos. Este é o Centro de Rehabilitación Nutricional Intensivo (CRENI) situado no pobo de Madarounfa, ao sueste de Níxer, un hospital onde se trata os nenos menores de 5 anos de desnutrición aguda grave.  

Estiven aquí antes, pero dalgunha forma isto cambiou. Salvo a estrutura do edificio e as caras familiares dos médicos e enfermeiras, é un lugar completamente diferente, case irrecoñecible. Cando estiven aquí hai tres meses, só había seis nenos recibindo tratamento para a desnutrición aguda grave. A día de hoxe, as 28 camas do hospital están ocupadas.É un reflexo da agudización da crise en toda a rexión africana do Sahel, onde a seca, as malas colleitas e o aumento do prezo dos alimentos deixaron1 millón de nenos en risco de morte por desnutrición.

as historias de Habibou e Aboubakar, gravemente desnutridos

Con tan só quince meses, Habibou está gravemente desnutrido, sofre de malaria, anemia e deshidratación. O seu fráxil corpo cuberto de lesións realiza un enorme esforzo por respirar. Habibou pesa 4,5kg, un neno da súa idade e altura debería pesar polo menos 10 kg A súa nai tróuxoo aquí hai tres días dende Nixeria preocupada porque deixara de comer e tiña moita febre. Non recordo ter visto nunca un neno tan enfermo.

Despois coñezo aAboubakar Oumar, de 13 meses, que está a recibir tratamento para a desnutrición aguda grave, unha infección diarreica e diversas lesións. Cando chegou ao centro médico o mes pasado, pesaba 5,3 kg. Dende entón, gañou 0,5 kg a través dun réxime de leite terapéutico subministrado por UNICEF.

 "Aboubakar está enfermo, porque non temos suficientes alimentos para comer no noso pobo. Tiven que pagar 1.000 francos para traelo ata aquí en moto dende Nixeria", comenta a súa nai, Hassia. Aboubakar é o menor dos seus catro fillos, dos que dous xa morreron.

Aumenta o número de casos de desnutrición grave

En xaneiro de 2012, houbo 77 ingresos no CRENI deMadarounfa para o tratamento de complicacións relacionadas coa desnutrición aguda grave. En marzo, o número de ingresos aumentou ata os 177.

De acordo con expertos da ONU, assecas sucesivas en 2005, 2010 e este ano, xunto coa crecente inseguridade na rexión, están a empurrar as familias ao bordo do abismo. Uns 15 millóns de persoas estanse a ver directamente afectadas.En Níxer, máis de 5 millóns de persoas enfróntanse á escaseza de alimentos, aproximadamente o 35 por cento da poboación total do país. UNICEF e os seus aliados estiman que preto de 394.000 nenos en Níxer terán que ser tratados por desnutrición aguda grave este ano.

a crise está lonxe de rematar

Coa intensificación da crise, está a aumentar o número de familias que se ven obrigadas a desprazarse en busca de comida e traballo.

UNICEF está a aumentar a capacidade dos centros de alimentación terapéutica para tratar adesnutrición aguda grave. Tamén está a ampliar o acceso a auga potable e saneamento para evitar a propagación de enfermidades. Os programas de UNICEF asisten ás mulleres e nenos desprazados e prestan apoio a programas de saúde para mellorar a hixiene básica e as prácticas de nutrición.UNICEF e os seus aliados apelan á comunidade internacional a mobilizar todos os medios necesarios para responder a esta crise e evitar unha catástrofe para os nenos.