Nenos en risco no campamento de Shousha

Os máis de 4.000 refuxiados que viven no campamento de Shousha, situado na fronteira de Libia con Túnez, enfróntanse a novos perigos: a semana pasada, un incendio provocado como consecuencia do aumento das tensións, destruíu case dúas terceiras partes do campamento.

Entre os refuxiados encóntranse máis de 900 nenos, moitos dos cales non teñen xeito de volver aos seus países. Nunha entrevista telefónica, a Representante de UNICEFen Túnez, Maria-Luisa Fornara, contou o desgarrador que foi ver as caras de decepción dos nenos que acababan de empezar a ir a unha escola creada pola organización.ACNUR, o organismo para os refuxiados da ONU fixo un chamamento urxente para reconstruír o campamento e reasentar os refuxiados. Moitos deles levan en Ras Jdir máis de tres meses. A maior parte son traballadores emigrantes procedentes do Chad, Eritrea, Iraq, Somalia, Sudán e outros países que están sumidos nos seus propios conflitos. Non poden volver á casa.  

Preocupación polos nenos

"Tiñamos 150 nenos matriculados na escola primaria e secundaria neste campamento. Por desgracia, todos os servizos queUNICEFestablecera  xunto

con Save the Children foron completamente saqueados e destruidos", sinalou  Fornara.

"Vin estes nenos fai apenas uns días xogando no patio de recreo que se dispuxera para eles, indo á escola cos seus propios libros e lapis, e beneficiándose realmente dun espazo de esparexemento seguro", engadiu Fornara. Moitos destes mesmos nenos xa estiveran expostos á violencia e os equipos de psicólogos de UNICEF, que xa traballaran para restaurar a confianza dos nenos, teñen agora novos desafíos. .

"Tamén estamos a verificar a situación dos nenos non acompañados e separados". "Identificouse a ao redor de100 dende o inicio da afluencia de inmigrantes", engadiu a Representante de UNICEF en Túnez. "Este é un motivo de preocupación, e estamos a tratar de recolocar a todos os nenos non acompañados e separados en lugares seguros".

Obstáculos á axuda

Os problemas de seguridade convertéronse no principal obstáculopara o traballo de UNICEF e cada vez é máis difícil chegar ás familias en situación de risco. Co fin de satisfacer as necesidades básicas das persoas que viven no campamento Shousha, UNICEF e os seus aliados pediron apoio financeiro adicional á comunidade internacional.