Meliá consegue máis de 700.000 euros para proxectos contra a explotación sexual infantil

Uns dous millóns de nenos sofren explotación sexual, xa sexa mediante a prostitución ou a pornografía. Rematar con esta eiva require da cooperación internacional, rexional e nacional. A compañía hoteleira española Meliá Hotels International conseguiu dende finais de 2010 un total de 778.000 euros para proxectos de prevención da explotación sexual infantil.

Os fondos, obtidos coa colaboración dos clientes eempregados da compañía, supera o obxectivo final de 600.000 euros para os tres anos de vixencia do convenio que Meliá e UNICEF España subscribiron a finais de 2010. Os fondos destinaranse a financiar un proxecto de protección contra a explotación sexual comercial infantil en República Dominicana. Así mesmo, o diñeiro captado porMeliá nos países en desenvolvemento empregarase en programas de protección infantil deUNICEF no propio país.Dos 35 países nos que a compañía xestiona hoteis, destaca a intensa implicación dos hoteis situados en España, Puerto Rico, Alemaña, Francia, Italia e Reino Unido. Ademais, froito do labor constante de sensibilización, Meliá Hotels International e UNICEFEspaña activaron plans conxuntos nos hoteis de Asia, África e América. O 90% dos hoteis da cadea contribuíu a conseguir o 80% do total dos fondos a través do chamado "check-in solidario",iniciativa pola que o cliente é invitado a doar un euro aUNICEF España pola súa primeira noite de estanza no hotel. O 20% restante procede decontribucións directas dosempregados e de accións puntuaisdesenvolvidas nos hoteis.

 

o COMPROMISO DAS EMPRESAS

"Este extraordinario balance recompensa sobradamente o noso esforzo, eratifícanos na importancia de que as empresas nos comprometamos, dando aos millóns de clientes e empregados que confían en nós en todo o mundo, a oportunidade de ser copartícipes de proxectos como este, co respaldo de UNICEF España", sinalou o Vicepresidente deMeliá Hotels International,Gabriel Escarrer."Nunca poderiamos cumprir o noso compromiso estratéxico a longo prazo contra a explotación sexual infantil sen empresas líderes. E a alianza entre UNICEF e Meliá Hotels International é un exemplo marabilloso disto", afirmou a Directora Executiva de UNICEFEspaña, Paloma Escudero, recordando que Meliá foi a primeira empresa española que asinou en 2006 o Código de Conduta para a protección da infancia fronte á explotación sexual.