Mauritania: UNICEF distribúe suplementos nutricionais aos nenos en risco de desnutrición

Ás 8 da mañá, Tahya Bowbe, xunto aos seus fillos, Cheikh, de 11 meses e Aminte, de 3 anos, esperan cola no centro de saúde de Kiffa para participar nun programa de medición do estado nutricional dos nenos menores de 5 anos. Ademais, este programa proporciona suplementos nutricionais a todos os nenos entre os 6 e os 24 meses de idade.  

Mauritania está a sufrir a grave crise nutricional que afecta á rexión do Sahel. Calcúlase que ata 90.000 nenos poderían sufrir desnutrición aguda este ano.UNICEF, o Programa Mundial de Alimentos e as organizacións aliadas están a apoiar o Ministerio de Saúde na implementación dun programa de alimentación en rexións con taxas alarmantes de desnutrición. Deste xeito, UNICEF  está a proporcionar suplementos nutricionais en tres rexións e forma os traballadores da saúde a implementar o programa.

Monitorización da desnutrición e distribución de alimentos

Como parte da resposta á crise alimentaria no Sahel,estanse a tratar a miles de nenos que sofren desnutrición. O programa de suplementos nutricionais distribúe ademais alimentos terapéuticos listos para usar para loitar contra a desnutrición. A Aminte e Cheikh medíuselles a circunferencia do brazo para avaliar o seu estado nutricional, proba a través da cal se lle diagnosticou a Cheikh desnutrición aguda moderada. Por esta razón, proporcionóuselle  suplemento nutricional para un mes, explicando á súa nai como usalo. Despois dese tempo, tanto el coma a súa irmá terán que volver para poder facerlles seguimento. Para asegurar o éxito do programa, UNICEF  proporcionou formación aos traballadores da saúde que o están a implementar.UNICEF tamén proporcionousuplementos nutricionais a 34.724 nenos nasrexións de Assaba,Hod El Chargui e Hod El Garbi. Adicionalmente, o Programa Mundial de Alimentos e as ONG están a apoiar o programa para chegar a outros 34.400 nenos noutras rexións.

a comunidade, clave na loita contra a desnutrición

No pequeno pobo deBoughadooum, o fogar dunha comunidade de pastores duramente afectados pola seca e a falta de alimentos,Zenibou Mint Mustafa levou a revisión do estado nutricional as súas dúas fillas, grazas a unha enfermeira da comunidade que os informara sobre o programa. A Salma, de 12 meses,diagnosticóuselle desnutrición aguda moderada eMariam, de 23, estaba en risco de sufrir desnutrición tamén. Co apoio de UNICEF e grazas ao programa de distribución de suplementos nutricionais, de avaliacións e de información sobre mellores prácticas de alimentación, os pais contan con máis recursos para coidar os seus fillos e previr a desnutrición.