Mauritania: avances na erradicación da mutilación xenital feminina

En Mauritania arredor do 70% das nenas e mulleres de 15 a 49 anos foron sometidas á práctica da mutilación xenital feminina. 

Cada ano, uns tres millóns de nenas corren o risco de ser sometidas á mutilación xenital feminina, unhaviolación dos seus dereitos fundamentais, quepode causar danos graves e permanentes para a saúde e complicacións na reprodución. Dende 2007, UNICEF e o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA) estiveron a traballar nun programa conxunto denominadoAcelerar o cambio para poñer fin a esta práctica no prazo dunha xeración tanto en Mauritania coma noutros 16 países.Os dous organismos das Nacións Unidas colaboran co Goberno mauritano, outros organismos de Nacións Unidas, ONG nacionais e internacionais como Tostan, líderes relixiosos, grupos profesionais, grupos comunitarios e axencias de cooperación bilaterais e multilaterais, como as axencias alemá e española para o desenvolvemento internacional (GIZ e AECID, respectivamente). O obxectivo é lograr un cambio de comportamento a través de campañas de formación, sensibilización e seguimento nas comunidades.  

Avances na erradicación da mutilación xenital feminina en Mauritania

EnMauritania, estase a progresar enabandonar a práctica da mutilación xenital feminina a través dunha estratexia a varios niveis coa implicación de todos os actores comunitarios. En 2008 púxose en práctica un plan nacional para abandonar esta práctica, presentado no Día Internacional de tolerancia cero coa mutilación xenital feminina. En 2011, uns líderes relixiosos emitiron en Nouakchott unhafetua prohibindo a práctica e facendo fincapé na dignidade dos seres humanos baixo o Islam. Os líderes relixiosos participaron no lanzamento dunha fetua rexional cos seus homólogos en nove países africanos: Burkina Faso, Exipto, Gambia, Guinea, GuineaBissau, Malí, Níxer, Senegal e Sudán.Os resultados foron positivos. A Enquisa de Indicadores Múltiples por Conglomerados para o ano 2011, un das maiores iniciativas de recompilación de datos, confirma o progreso."Xuntos estamos a marcar unha diferenza. Entre 2007 e 2011, a práctica daablación entre as mulleres de 15 a 49 anos reduciuse en case un 3% ", sinala Mohamed Lemine Seyfer, Especialista de Protección Infantil de UNICEF en Mauritania. "Nas zonas onde estamos a realizar tarefas de concienciación, o apoio ao abandono da mutilación xenital feminina aumentou do 38% a case o 53% ".  

as mozas da comunidade tamén participan nos actos de sensibilización

A finais de setembro deuse outro paso cara ao abandono da mutilación xenital feminina en Mauritania: UNICEF e o UNFPA, xunto co Goberno, os líderes relixiosos e as ONG aliadas, coordinaron a quinta declaración pública e fetua na rexión de Gorgol, ao sur de Mauritania. "As comunidades e os líderes relixiosos toman cada vez máis medidas colectivas para abandonar a mutilación xenital feminina" e adherirse ás fetuas, dixo Lucía Elmi, Representante de UNICEFen Mauritania. "Hai un entendemento non só da importancia de salvagardar a saúde das nenas e as mulleres, senón de defender os seus dereitos, a súa dignidade e o seu interese superior". Os grupos de mozos presentes na cerimonia, mulleres, homes, nenas e nenos de diversas comunidades que se uniron por grupos de idade, ofreceron representacións de teatro sobre o tema. As mulleres entre o público afirmaron que se sentían identificadas coas escenas representadas.