Máis de 8 millóns de persoas continúan necesitando axuda urxente no Corno de África

A enorme resposta humanitaria no Corno de África en 2011 freou a propagación da fame e salvou decenas de miles de vidas de nenos, pero o prognóstico é cada vez máis preocupante, xa que máis de oito millóns de persoas continúan necesitando axuda urxente, segundo un novo informe de UNICEF. 

"A pesar dos significativos progresos no panorama da seguridade alimentaria no Corno de África, a crise pola supervivencia infantil está lonxe de rematar. Millóns de nenos necesitan un apoio continuado durante os próximos meses, que serán críticos. Pola contra, podemos asistir" a un doado retroceso nos logros conseguidos con tanto esforzo", afirmou Elhadj As Sy, Director Rexional de UNICEF para África Oriental e Meridional, con motivo da presentación do informe Resposta á emerxencia no Corno de África  , que describe a operación humanitaria de UNICEF nos seis meses posteriores á declaración da fame en varias zonas de Somalia en xullo de 2011.

"As perspectivas dunha recuperación continuada son cada vez máis precarias. O prognóstico do tempo, en combinación coa inseguridade e a violencia persistentes en moitas áreas, pode conducir a novos impactos e interrupcións, unha evolución que de novo pon en perigo a vida de centos de miles de nenos," dixo Elhadj As Sy, que é ademais CoordinadorGlobal de Emerxencias de UNICEF para a crise do Corno de África.

a rexión séguese enfrontando a grandes riscos

Segundo as últimas previsións, as chuvias da tempada de marzo a maio manteranse por debaixo da media. O conflito que continúa en Somalia, os ataques terroristas e a violencia étnica en Kenya, así como as ameazas contra traballadores humanitarios, están a limitar o acceso humanitario aos refuxiados e ás comunidades afectadas pola crise.

Máis de 8 millóns de persoas en todo o Corno de África necesitan axuda urxente.Case un terzo da poboación de Somalia -uns 2,51 millóns de persoas- aínda se encontran en medio dunha grave crise humanitaria, incluíndo máis de 323.000 nenos con desnutrición aguda grave. Tamén continúan necesitando axuda uns 463.000 refuxiados somalís nos campamentos deDadaab, no nordés de Kenya, 142.000 persoas nos campos de Dollo Ado en Etiopía, 22.000 persoas no campamento de Ali Addeh en Djibouti, e 1,35 millóns de somalís desprazados dentro do seu propio país. 

Resultados obtidos en 2011

O informe detalla os resultados da enorme resposta humanitaria de UNICEF na segunda metade de 2011, que inclúen :

  • A entrega de máis de60.000 toneladas métricas de subministracións de primeira necesidade de UNICEF a países do Corno de África, por aire, terra e rutas marítimas; 
  • O tratamento de preto de 340.000 nenos de desnutrición aguda grave;
  • A vacinación de 7,9 millóns de nenos contra o sarampelo;
  • A provisión de auga potable a 3,2 millóns de persoas
  • A facilitación do acceso de máis de 200.000 nenos a Espazos Amigos da Infancia ou outros ámbitos seguros. 

Grazas ao grande apoio dos doadores, dos medios de comunicación e outros aliados,UNICEF contribuíu a que nasseis zonas orixinarias de fame de Somalia se pasase ao nivel máis baixo de emerxencia; que se reducise por tres a proporción de desnutrición aguda global na rexión Turkana, en Kenya; e que se rexistrasen unhas taxas moi altas de recuperación da desnutrición aguda e baixas taxas de mortalidade infantil en Etiopía.

Familias e comunidades, claves na recuperación

En 2011, UNICEF recibiu máis de 405 millóns de dólares (preto de 310 millóns de euros) para a resposta humanitaria no Corno de África, alcanzando o 96% da cantidade total necesaria. Este ano, UNICEF necesita 413,8 millóns de dólares (315 millóns de euros) adicionais para as súas operacións de axuda e recuperación na rexión. As intervencións inclúen un forte enfoque no reforzo da capacidade de recuperación entre as familias e as comunidades. "Se non se mantén a vixilancia, pódese volver dar a situación de fame. Non obstante, xuntos podemos cambiar a realidade de millóns de nenos no Corno de África", afirmou Elhadj As Sy.